Gelote
Benvido(a) á Galipedia, Gelote!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:51, 28 de novembro de 2010 (UTC)
Escola politécnica superior de ferrol editar
Cómpre que engadas contidos ou terá que ser borrado o artigo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:47, 5 de decembro de 2010 (UTC)
Licenzas editar
Estás a subir imaxes falseando as licenzas ao indicares que son de autoría propia cando non é certo. Poida que sexa froito do descoñecemento, pero en todo caso é un erro de consideración. Por favor, non o volvas facer. Todas as imaxes que subiches terán que ser borradas. --Atobar (conversa comigo) 15:28, 5 de decembro de 2010 (UTC)
Lingua editar
Gelote, tes algúns fallos de lingua, nada de relevancia, pero si hai un que é recorrente e que che comento para que non o cometas máis: *desarrollo > desenvolvemento. Non desenrolo. Desenrólase un pergamiño, pero un plan de acción. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:33, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Formato editar
Cómpre que achegues referencias sobre cada afirmación de relevancia, así como que lle deas formato aos artigos. Hai un libro de estilo que podes ler. O básico pasa por poñer as interwikis (as ligazóns ao artigos no resto de linguas de Wikipedia), categorizar e dividir en seccións.[1] --Atobar (conversa comigo) 14:46, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Licenzas editar
Cando cargas un ficheiro, xa aí tes unha listaxe cos tipo de licenza dispoñíbeis, dependendo de cal lle acaia ou cal lle queiras dar, se é que che corresponde a ti darlla. Para non lear a cousa, poñamos que o sinxelo é soamente cando es ti o autor das fotos que subes. Nese caso, efectivamente tes que marcalo como obra propia me liberada por exemplo con todos os dereitos liberados. Cando as fotos non son túas, a cousa é moito máis complexa e suxeita a regulacións internacionais e sobre á regulación estatal, que é marcadamente restritiva, moito máis ca outras. Pero iso non cho podo explicar eu por aquí, telo que ler ti, coma todo o demais: guía de edición, libro de estilo, tipos de licenzas etc. Ninguén nace aprendido, pero pola miña experiencia un usuario novo minimamente aleuto tarda dúas ou tres semanas en coller o truco da wiki. Sorte, e aquí estamos para o que necesites. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:01, 6 de decembro de 2010 (UTC)