Galeguinha virgo
Benvido(a) á Galipedia, Galeguinha virgo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 20:03, 14 maio 2009 (UTC)
Ola, Galeguinha. Borrei unha imaxe que subiras á Galipedia de Valle Inclán porque:
- xa estaba subida a Commons, o arquivo onde se gardan todas as fotos comúns aos proxectos wikipedia.
- copiáchela de alí, o que non é necesario, e ademais é incorrecto.
- non incluíches os datos da licenza: quen foi a autora, a data, etc. Todos os que fan o seu traballo merecen que llo recoñezan.:)
Se tes algunha dúbida, non teñas medo en preguntarme. Un saudiño--Xabier Cid Conversa 21:37, 27 maio 2009 (UTC)
Ola! Segues a subir unha imaxe innecesaria e incorrectamente. En primeiro lugar, como xa se dixo, a imaxe está en Commons, e polo tanto non é neceasrio subila á wikipedia, xa que é perfectamente utilizable sen esa necesidae. En segundo lugar subíchela a menor resolución e indícaste como autora da fotografía cando non o es, ademais de poñer unha data incorrecta da toma da fotografía. Agardo que non seigas a subi-la imaxe. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:19, 3 xuño 2009 (UTC)