Benvido á Galipedia, Foucelhas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 09:17, 18 setembro 2009 (UTC)

Non é que dubidemos das túas edicións en Torres de Arneiro pero se mudas substancialmente o texto tes que achegar referencias que indiquen que as túas edicións son correctas, cal é a fonte ou fontes de onde obtés os datos: artigos, libros, páxinas web ou o que sexa, de non indicalas é posible que se desfaga a túa edición, para calquera dúbida podes preguntar a calquera colaborador habitual.--RNC 20:13, 18 setembro 2009 (UTC)
  • Ola, Foucelhas. Como che di RNC, non é que se poña en dúbida o que dis, senón que ese tipo de mudanzas requiren de consenso e sobre todo de referencias. En calquera caso, equivócaste pensando que eu sei algo do tema, porque o certo é quen non che teño idea ningunha. Soamente e limitei a estruturar o formato, sen tocar o contido. Olla para aquí, e verás ao que me refiro. Coido que é cos usuarios RNC e mais con Albert galiza con quen o terías que falar. Ou mesmo directamente na páxina de conversa do propio artigo. Eu non che podo dicir máis. Unico insistire en que se efectivamente é como ti comentas, daquela soamente cómpre que achegues referencias válidas e non haberá problema ningún. Un saúdo e benvido á Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 20:38, 18 setembro 2009 (UTC)