--FatimaRomero (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 15:23 (UTC)

Benvido(a) á Galipedia, FatimaRomero!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 12:55 (UTC)

Moitas Gracias pola AxudaEditar

Cóstame pero pouco a pouco vou fazendo as cousas. Agradézovo-la paciencia que tedes conmigo. --FatimaRomero (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 11:36 (UTC)

Referencias en contribucións recentesEditar

Ola, FatimaRomero. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 12:55 (UTC)

recoñecementoEditar

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola FatimaRomero.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de novembro de 2017 ás 14:44 (UTC)

Dime que cambie as referencias, pero se as cambio, dime que cambio de maisEditar

Ola, son Fátima Romero, estou intentado correxir as referencias pero dime que non podo e que estou infrinxindo un cambio estrano, pero e que se recibo aviso de que teño que cambiar as referencias , agora non podo, porque se cambio, dime que non debo facelo, e que fale cun moderador. Qué debo facer?

Grazas --FatimaRomero (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 15:25 (UTC)

Ola Fátima. Solucionado no artigo Mario Diz. Nas próximas edicións non deberías ter o mesmo problema. Banjo tell me 16 de novembro de 2017 ás 15:47 (UTC)

Moitas grazas Banjo!.

ligazóns internasEditar

Ola, Fátima; por favor, non inclúas nos artigos ligazóns a wikis noutras linguas. Se queda a ligazón en vermello, indicando que aínda non existe o artigo en galego, pode animar á xente a crealo ou traducilo.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de decembro de 2017 ás 19:06 (UTC)

Moi ben, grazas! Tereino en conta a partir de agora.

Saúdos!

Orixe descoñecidaEditar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Ricardodorado.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.--Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 14:30 (UTC)

Xa está amañado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 09:03 (UTC)

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global surveyEditar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia surveyEditar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:38 (UTC)

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia surveyEditar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:47 (UTC)