Benvido(a) á Galipedia, Evelinwendy!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 09:58, 22 xullo 2009 (UTC)

Fábulas editar

Ola Evelin, pois si que che gustan as fábulas, si... Teño que dicirche que gracias ao teu artigo do conto da sereíña descubrin que fixera un artigo duplicado sobre a estatua cando fun linkalo ó teu. Por sorte xa están mesturados os dous artigos e linkados ó do conto. Tes pensado escribir algo sobre Félix María de Samaniego? Dígocho porque polo que eu lembro debe de se-lo fabulista español máis destacado e na galipedia todavía non hai nada sobor del. Paréceme asemade moi boa idea que te poñas con artigos de cada un dos contos de fabulistas famosos, concretamente algúns deles non soi moi doados de atopar por internet (por exemplo o de "A raíña das Neves", por se che dá algunha idea). Unha aperta--Lala Lugo 15:17, 22 xullo 2009 (UTC)

Pois tentarei engadirlle un trozo cun pequeno resumo da estatua ó teu artigo do conto, a ver se mañá teño tempo que hoxe quero poñerme con outra cousa :) Bikiños--Lala Lugo 21:00, 22 xullo 2009 (UTC)
Ola Evelin! Engadinlle ó teu artigo de "A sereíña" o parágrafo sobor da estatua de Copenhague. Eu creo que con iso chega porque ademáis está o link ó artigo principal. Xa me dis que che parece :) Bikiños--Lala Lugo 22:25, 23 xullo 2009 (UTC)

Páxina de usuario editar

Boas, Evelin. Por se o queres corrxir na túa páxina, mensaxe é feminina, é dicir, unha mensaxe e non un mensaxe. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:34, 22 xullo 2009 (UTC)

E xa postos, outra cousiña: aquí che queda unha páxina que argallei como axuda básica e comprimida para os novos editores que aínda non se dan afeito á lingua, como semella ser o teu caso. Bótalle un ollo premendo aquí. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:43, 22 xullo 2009 (UTC)