• Benvido/a á Galipedia Elster. Comezo coa benvida porque escribir a resposta ás túas preguntas levarame uns minutos. Grazas por unirte a nós, é unha sorte contar cun colaborador cun coñecemento tan amplo das linguas extranxeiras. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:05, 1 maio 2006 (UTC)
  • Comezo coas respostas. Hai sistemas externos para editar os artigos pero en principio non é doado utilizalos ou non están dispoñibles en todos os sistemas operativos. En inglés nas páxinas en:Wikipedia:Tools, en:Wikipedia:Tools/Editing tools hai algunha información sobre as ferramentas dispoñibles. Polo de agora recomendoche que se vas traballar off-line non te preocupes polo formato. Unha vez que teñas o artigo podes formatalo na Galipedia ou pedirme axuda para facelo. Para comprobar como queda antes de editar podes usar Amosar vista previa, nalgúns wikis dispoñen dun sistema basado en javascript chamado Live Preview que permite facer a verificación do aspecto sen concectar co servidor, nós non o temos instalado para o conxunto do usuarios pero cada usuario en particular pode gardar o código nunha páxina propia do tipo User:Elster/monbook.js (se é necesario busco o código e digoche como facelo). Outra opción é que utilices Wikipedia:Zona de probas para cantas probas necesites, está para iso e non debes precouparte porque se estrague nada do que haxa na páxina. Sobre as traducións doutras wikipedia no campo Resumo que hai debaixo da caixa de edición podes indicar que se trata dunha tradución e identificar o wiki de onde procede. Sería mellor incluso sinalar de que versión do artigo se trata, pode verificarse premendo na lapela Historial e copiar a data e hora da edición e na barra de enderezos o enderezo desa versión do historial. Por exemplo para referirme á mensaxe que deixei antes podería poñer: 13:25, 13 maio 2006 http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User_talk:Elster&oldid=137498. Por exemplo para o artigo Rusia traducido do wiki ruso: Tradución de ru.wiki versión 12:52, 12 мая 2006 (http://ru.wikipedia.org/w/index.php?title=%D0%A0%D0%BE%D1%81%D1%81%D0%B8%D1%8F&oldid=1150165) -se che da moito traballo non inclúas o enderezo-. A vantaxe de incluir está información é poder identificar a orixe e a fiabilidade do artigo do que se parte (a licenza GFDL baixo a que está a Wikipedia tamén require atribución de autoría e poñendo esa información estariamolo facendo. Moitas veces pasa que na propia Wikipedia os colaboradores omiten esa información por comodidade pero non debería omitirse). Evidentemente no caso do ruso non haberá moitos galegos que o podan facer pero noutras linguas si. Cando falo de verificar non me refiro á tradución senón aos contidos, porque moitas veces ocorre que un artigo está publicado noutra wikipedia pero contén erros ou presenta algún tipo de problema,nese caso a tradución non pode ser inmediata require certa comprobación. Podes contar comigo para calquera pregunta ou dúbida que teñas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:58, 13 maio 2006 (UTC)
  • Estaba dandolle formato ao artigo que publicaches Anton Chekhov e atopei que xa temos Chekhov. Bótalle unha ollada para non ter que facer o traballo por duplicado. O mellor será mover Chekhov a Anton Chekhov. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:38, 13 maio 2006 (UTC)
  • Xa movín a páxina, sinto que comezaras a facer o artigo cando xa estaba feito, de todos os xeitos podes ver de melloralo se queres. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:33, 14 maio 2006 (UTC)
Alédome de verte outra vez por aquí, grazas por volver. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:00, 19 marzo 2007 (UTC)

Re: Agradecido polo saúdo. editar

Para nós é moi valioso ter compañeiros que poidan colaborar con coñecementos de alemán, francés e ruso e dese xeito ampliar o alcance deste wiki. En resposta ás preguntas, as imaxes funcionarán na Galipedia se proceden do repositorio común que está en Commons, basta con poñer o enderezo da imaxe para que se vexa. Cando a imaxe se cargou na outra Wikipedia e non en Commons non se visualizará aquí. O caso que citas das caixas de información que inclúen unha imaxe é diferente, son os modelos (templates en inglés), teñen un deseño determinado que pode non existir neste wiki e polo tanto o xeito de chamar a imaxe non funciona. No caso da taxonomía hai certas diferenzas entre wikis. Se a imaxe está en Commons copiando o enderezo e poñendoo no código de imaxe pode funcionar ([[Image:Nome_da_imaxe.extensión|miniatura|descrición da imaxe]], thumb significa que se visualiza unha miniatura). En canto á clasificación, aínda está incompleta e estamos traballando nelo. Non hai problema por non poñer a categoría específica, o que nos pode axudar e que inclúas a categoría [[Category:PendenteCategoría]] para localizar con maior facilidade o artigo pendente de clasificar. Grazas pola túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:19, 20 marzo 2007 (UTC) --Prevert(talk) 10:19, 20 marzo 2007 (UTC)

  • Ola, pois cambiei o o polo e seguindo os artigos de nomes rusos que temos na galipedia. En concreto baseime en Mikhail Gorbachev. Se non te convence o cambio podes desfacelo e poñer o o se o cres convinte. Sen máis recibe un saúdo e os meus parabéns polo teu labor.AlberteSi, digame? 11:33, 16 abril 2007 (UTC)

Templates editar

  • Olá, Elster. Para aprenderes a utilizar os modelos para a clasificación taxonómica vai a Wikipedia:Modelo de Taxonomía. O que empregamos na Galipedia é moi mellorábel, pero de momento vai facendo a súa función. Un saúdo. --Xosé (✉) 17:11, 29 abril 2007 (UTC)

Artigos solicitados editar

Moitísimas grazas polo traballo que estás a facer nos artigos solicitados, é abraiante. Grazas a ti, entre outras cousas, a categoría das Aves está poblandose cando hai unhas semanas só se vían ligazóns vermellas. Somos afortunados ao contar coa túa axuda :-) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:51, 11 maio 2007 (UTC)

Fixen unha listaxe en User:Prevert/paxaros recollendo datos de diversas fontes, na parte de abaixo hai ligazóns a fontes externas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:39, 11 maio 2007 (UTC)

Consulta na Taberna editar

Ola Elster. Na taberna nun fío de discusión sobre a marea vermella piden axuda para interpretar un texto alemán. Por favor podeslle botar unha ollada? Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:12, 26 xuño 2007 (UTC)

Moitas grazas pola tradución, supoño que con iso xa serve para facerse unha idea. Mágoa que non teñas tempo, vaise notar nos artigos relacionados cos paxaros :-) Ata outra, que pases un bo verán. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:20, 11 xullo 2007 (UTC)

Ortografía e aves editar

Ola Elster. Pois eu creo que é píllara. Os paxaros que vou engadindo ós solicitados os saco de Glosario de aves, que fixo Lameiro, quen sacou a información dos libros "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" e "Guía das aves de Galicia". A sí que dou por suposto que estarán ben. Parabéns polo teu traballo, para o que desexes aquí me tes, un saúdo. AlberteSi, digame? 14:41, 17 setembro 2007 (UTC)

  • Ah, esquecíaseme, para cambiar o nome dun artigo tan só tes que movelo. Suponse que nas lapelas de arriba, á dereita da de historial, tes a de mover. O nome antigo queda automaticamente como unha redirección cara o novo nome que lle das. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:45, 17 setembro 2007 (UTC)
  • Ola Elster. Primeiro, quero felicitarte polos bos artigos sobre aves que fixeche e andas facendo; son moi bos. Podes botarlle unha ollada a Falcón peregrino?, refírome á pequena alínea de Identificación sonora. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 11:27, 24 setembro 2007 (UTC)
  • Vou deixarche 2 enderezos interesante sobre aves, igual xa os coñeces, e outro sobre glosarios distintos:
  1. un blog interesante
  2. glosario multilingüe de mamíferos e aves
  3. Glosarios sobre temáticas variadas

--Xoán Carlos Fraga 11:08, 25 setembro 2007 (UTC)

Nomes científicos como títulos de artigo editar

Estase a votar un tema no que nos interesa a túa opinión, por teres traballado moito no tema de paxaros: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns/Nomes_cient%C3%ADficos_como_entrada --  Sobreira (parlez) 22:12, 21 outubro 2007 (UTC) Se non che molesta contestoute eu. Simplemente editas edas a túa opinión debaixo da última e podes poñer se queres {{Concordo}} ou {{Discordo}} ou ben facer un comentario. Saúdos e bo traballo, parabéns. Lansbricae (Ti dirás) 06:59, 25 outubro 2007 (UTC)

  • Tamén podes poñer {{neutro}} ou {{comentario}} e simplemente colocas   Neutro ou   Comentario. Cómpre que, se queres votar, o fagas hoxe, por que remata o prazo. --  Sobreira (parlez) 07:05, 25 outubro 2007 (UTC)

Re: Referencias a artigos editar

Ola Elster, desculpa por deixar sen resposta a túa pregunta. Aquí vai a resposta: unha opción é que poñas o enlace nunha soa Wikipedia e que sexan os bots os que collan esa información e vaian polas Wikipedias completando o interwiki. Unha posibilidade é que o fagas na Wikipedia en inglés pero non sempre esa é a mellor opción, aquí hai varios bots da Wikipedia holandesa (algún deles moi activos no conxunto das Wikipedias) e sería un camiño utilizar como punto de partida ese wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:14, 12 novembro 2007 (UTC)

Re: Agradecemento e saúdo. editar

Ola Elster, non o dixen porque o din por coñecido pero os bots son programas que automaticamente fan certas funcións entre elas o seguimento dos interwikis. En canto ao demais as comunidades virtuais en certa medida non son moi diferentes da vida cotiá coas mesmas miserias e bondades. Moitas grazas polos teus bos desexos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:48, 15 novembro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:50, 25 novembro 2007 (UTC)

A consolidación económica 1789-1799 editar

Ola Elster, estaba botando unha ollada ao teu artigo sobre Schiller e decateime de que no apartado ¨A consolidación económica 1789-1799¨ hai unha frase que falta por traducir, poderías arranxalo? Por certo, noraboa polos teus artigos, son unha grande contribución para a Galipedia.--Hugo22 11:13, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Artigos solicitados editar

  • Feito, quiteino da lista de artigos solicitados. Un saúdo :) --Banjo tell me 21:37, 20 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:08, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Elster, agardo que vaia todo ben, boto en falta os teus fantásticos artigos, que aproveito para parabenizar. O dito, saúdos. AlberteSi, digame? 23:00, 23 xullo 2008 (UTC)

Saúdos e aves editar

Ola Elster. Hai meses que non te vemos por aquí, supoño que andarás ocupado ou non tes tempo. Xa me acostumara aos estupendos artigos de aves e boto en falta a túa presenza na Galipedia. Espero que todo che vaia ben e que nalgún momento teñas ocasión de voltar a facer algún dos artigos que faltan do Glosario de aves. Voltes ou non moitas grazas polo traballo que levas feito a prol deste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:29, 2 decembro 2008 (UTC)

Benvido! editar

Ola Elster, había tempo que non se che vía por aquí, so quería desexarte Bo Nadal e darche a Benvida de novo--Hugo22 18:33, 27 decembro 2008 (UTC).

Saúdo editar

Pois sí. Ando con algúns problemiñas que non me deixan moito tempo para colaborar. Onte tiven algo de vagar e peguei outra vez no traballo. A ver se poido darlle algo de continuidade. Agradecido polos eloxios. Un saúdo cordial.--Elster 16:42, 28 decembro 2008 (UTC)

Canto tempo editar

Ola Elster! Facía tempo que non se che vía por aquí. Alédome de que sigas a traballar co tema dos paxaros.--Hugo22 15:02, 25 de abril de 2010 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, Elster! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:26 (UTC)Responder

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)

Facer tamén as redireccións editar

Ola Elster~glwiki.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, por exemplo "Salmón atlántico", quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 18 de setembro de 2021 ás 11:06 (UTC)Responder