Benvido(a) á Galipedia, Dianaoxea!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 17:45 (UTC)

Posible conflito de interesesEditar

Ola Dianaoxea. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2017 ás 21:21 (UTC)

  Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 21 de marzo de 2017 ás 13:19 (UTC)

César del CañoEditar

Boas Dianaoxea, o artigo César del Caño, que creaches ti, ten o marcador formato incorrecto nas referencias, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 12:27 (UTC)

Boas Dianaoxea, non te preocupes, todos cometemos erros e máis se estamos comezando, pero estamos aquí para axudar :) O que tes que facer é escoller o tipo de referencia que queres usar, se é unha nova de xornal hai que usar Modelo:Cita publicación periódica e encher os seus campos, se é un libro hai que usar Modelo:Cita libro. Vin que usaches o modelo nota de prensa, ese modelo non é para as novas dos xornais, é para notas e comunicados oficiais. Amañei algunhas referencias, unificando contido repetido, podes ver como o fixen no apartado de "Música publicada". Se tes calquera dúbida podes contactar comigo cando o precises na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:07 (UTC)
Boas Elisardojm. Ben, coido que xa está. Dá máis faena corrixir o mal feito ca facelo ben de entrada :) Cando teñas un momentiño bótalleme unha ollada. Tomeime a liberdade de quitar xa o marcador. Graciñas de novo! --Dianaoxea (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 13:09 (UTC)
Boas de novo. Tiven que volver poñer o marcador porque desfixeches os arranxos que fixera na sección "Música publicada". Nas referencias só hai que indicar os datos da fonte, basicamente, o nome do autor da obra, o título, a editorial, o nome do xornal (de ser o caso), o ano, o isbn, e pouco máis. Todo o resto sobra, non hai que explicar nada nin engadir máis cousas que non facilitan a visualización dos datos que importan. Se algunha cousa moi concreta o precisara, poderías engadir nalgún modelo a frase exacta contida na fonte na que se basea a información, todo o resto sobra. Os parámetros que non teñen información tamén.
Engadir referencias é un traballo duro, pero é que aínda o complicaches máis :) Fíxate por exemplo na primeira referencia: {{cita xornal |título= Expreso Estrella: nueva música de fusión |páxina= 13 |xornal= La Región |data= 28 de xuño de 1994}}, ten os datos da fonte e nada máis, non se precisa máis nada...
Os arranxos que fixera eu na sección de Música publicada recupereinos porque estaban correctos, recuperei só esa sección como a deixara eu, como fixeches varios cambios dun golpe non sei se engadiches algunha obra nova nesa sección, se tal revísao. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 14:47 (UTC)
Elisardojm Ahora mesmo estou alucinando porque hoxe, que eu lembre, non toquei para nada a sección "Música publicada", só me limitei a tentar seguir as túas instrucións no tocante ás "Cita publicación periódica" e "Cita libro". Xa vexo que no historial consta como que si o fixen, así que non entendo nada.
Sexa como sexa, ahora que o mencionas, se non che importa quixera recuperar a denominción "Música impresa publicada", en vez de "Música publicada"; porque música publicada tamén é a "Discografía". A diferencia é que a "Discografía" refírese ás gravacións sonoras publicadas en Discos Compactos ou similares, e a "Música impresa publicada" refírese ás partituras impresas publicadas en libros ou revistas. Trátase de publicacións totalmente diferentes con rexistros legais de seu, e coido que é esencial que estea claramente especificado dalgún xeito o formato xa no título da sección.
Polo demais, cando teña un momento hei ollar o que me dis, tentando esta vez ir con máis tino; ó dicirme ti o das "Citas" fun un pouco a piñón. Síntoo ben :(
Saúdos e un milleiro de grazas pola paciencia! --Dianaoxea (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 19:35 (UTC)
Vale, se ti cres que é importante indicar o de "impresa" por min non hai problema. Non te preocupes co das citas, hai que collerlle o truco e logo todo será moito máis doado :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 23:06 (UTC)

César del CañoEditar

Barítono ou tenor? Pode ser ambos? Intermedio (eu usaría un guión)? Eu mesmo son barítono, pero chúzanme a baixo ou tenor segundo conveña, pero ser, son barítono. ※ Sobreira ►〓 parlez 6 de febreiro de 2018 ás 11:33 (UTC)

Ola, Sobreira. Pois o certo é que dende o principio dubidei se pór ese apartado ou non, precisamente pola ambigüidade do criterio. Debemos ter en conta que non estamos a falar dun cantante de coro (que se rexe a miúdo máis polas necesidades, ou carencias, do grupo ao que pertence ca pola idoneidade da propia voz do cantor), senón dun cantante solista. En base a esto cinguinme estritamente ás gravacións publicadas polo intérprete e aos programas de concerto dos que dispoño (Exemplo: Les cançons gallegues dels grans compossitors), que abranguen roles tanto de tenor como de barítono (ou mesmo de baixo nalgunha gravación. Exemplo: Cantiga III - Pois vós, filha, queredes mui gram ben). Ante a dúbida busquei na wikipedia outros cantantes solistas e vin, por exemplo, no caso de Plácido Domingo que tamén se segue o mesmo criterio. No tocante á posibilidade de usar ou non un guión, a verdade é que non o sei; anque, ao meu xeito de velo, se lle pomos guión estariamos precisamente a categorizar que se trata de alguén que é un "barítono-tenor"; en cambio se pomos "barítono, tenor", simplemente queda constancia dunha realidade obxectiva baseada no traballo público do artista. Outro exemplo, como curiosidade, é o de Yma Sumac, onde se chega a pór que foi nada menos que "soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono", cousa que, na miña humildísima opinión, simplemente non é certo, e ese artigo requiriría dunha severa revisión máis obxectiva  :) Grazas polo teu interese! --Dianaoxea (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 09:45 (UTC)

Posible violación de dereitos de autoría en Ficheiro:CesarDelCaño.jpgEditar

Ola, Dianaoxea, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Ficheiro:CesarDelCaño.jpg, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 15 de agosto de 2018 ás 21:15 (UTC)

Ola Banjo, esa foto non foi exactamente copiada de ningunha web, tratábase dunha foto sacada dun vídeo que me enviou no seu momento a propia TVG, como representante naquel momento do artista. Sexa como sexa entendo o que me queres dicir, é un risco. De feito ó final decidín cambiar a foto e pór na biografía outra da miña autoría. Grazas! --Dianaoxea (conversa) 14 de outubro de 2020 ás 15:50 (UTC)