Benvido(a) á Galipedia, ConcelloCabana!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 17:11, 11 de xuño de 2012 (UTC)

José Muíño Domínguez editar

Por favor, non elimine a información do artigo José Muíño Domínguez que está ben referenciada. Se quere pode engadir calquera outro dato, sempre que aporte referencias. Saúdos. --Xas (conversa) 17:14, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Bloqueo de nome de usuario editar

Indicar que a conta co nome ConcelloCabana foi creada dende o propio Concello para poder engadir información relativa ó noso municipio na Wikipedia. En caso de non poder utilizar esta, agradeceríamos se nos indicase que nome de conta poderíamos utilizar como conta oficial.

Un saúdo e grazas.

Concello de Cabana de Bergantiños A Carballa s/n - Cesullas 15.115 Cabana de Bergantiños (A Coruña) tlf: 981 75 40 20 fax: 981 75 42 29 email: cabana@concello-cabana.es


Bloqueouse permanentemente esta conta. O motivo é que o nome é demasiado similar ao dunha institución pública e pode dar lugar a un conflito de identidades.

Recoméndase abrir unha nova conta con un nome diferente.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18:05, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Dá o mesmo o nome se sodes realmente do concello de Cabanas non podedes editar artigos sobre o alcalde do voso concello Wikipedia:Conflito de intereses, persistir en facelo penso, como usuario corrente, que podería ser moi grave se realmente sodes quen dicides ser--Xián (conversa) 18:49, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Desbloqueo editar

Despois dunha revisión do bloqueo solicitada por un usuario, procedín ao desbloqueo desta conta de usuario. Non obstante, a miña recomendación é que solicites un cambio de nome para evitar calquera tipo de problemas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 1 de febreiro de 2013 ás 12:29 (UTC)Responder