Benvido(a) á Galipedia, Carlog3!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:32, 29 de agosto de 2010 (UTC)

Trobadores galego-portuguesesEditar

Ola, Carlo. Traducin da it.wp o {{Modelo:Trobadores galego-portugueses}}, que me parece que vai ser útil aquí. Pódeslle botar unha olladiña a ver se che parece que falta ou que sobra algo? Gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:40, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Ola!... Para min, parece case igual, parece bo ... Queda a cuestión da nacionalidade, como a fronteira entre España e Portugal era moi diferente durante medieovo, así que un autor pode ser, nese momento, en territorio portugués, mentres hoxe en día o mesmo territorio pode ser español (Galicia). Ou sexa, dar unha nacionalidade é puramente para o beneficio de inventario.

Ao "Modelo:Trobadores galego-portugueses" se pode engadir:

| below = Literatura galego-portuguesa medieval

--Carlog3 11:07, 6 de setembro de 2010 (UTC)

LicenzasEditar

Carlos. Estás a facer un moi bo traballo espallando o noso na wiki italiana, pero polo que vin non che está acordando respectar a licenza ao creares os artigo. Lembra que no cadro de edición semre hai que indicar de onde se tira a información. Para o caso algo así como tradutto di gl.wiki. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:36, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Bo día, Atobar. Moitas grazas polo aviso, ma debe haber algún erro.... Na conversa da páxina, eu sempre poño o modelo "tradotto da"...
Ver, por exemplo:
it:Discussione:Galisteu_Fernandiz
it:Discussione:Gómez_García
it:Discussione:Johan,
etc...
Eu teño moitas páxinas traducidas (quizais centos). Poida que eu inadvertidamente esqueceu de poñer o modelo "traducido por" nalgunhas páxinas.... Ninguén é perfecto. Se hai algunha defecto, deixe-me saber, apuntando á páxina (ou páxinas) en cuestión, entón eu podo corrixir calquera falta... Moitas grazas. Deixe-me saber algo... --Carlog3 11:10, 8 de setembro de 2010 (UTC)
  • Sen problema, Carlo. O que pasou é que eu mirei os campos de resumo do historial[1], como facemos aquí, e non o modelo das páxinas de conversa, como seica facedes na wiki italiana. Todo correcto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:18, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Ele (galego moderno, el; italiano, lui)Editar

Carlo, o único que quere dicir iso, se non ando eu enganado, é que o tratamento dispensado daquela á muller, Minha senhor por exemplo, era masculino e non feminino. Os trovadores referíanse á dona como ele e non ela. Coido que iso é todo. Lembro mesmo ter escoitado dunhas vez argumentar en favor do matriarcado galego usando este exemplo das cantigas medieviais, da Senhor como masculino, símbolo de poder da muller. En fin, non sei se era iso o que me preguntabas. En calquera caso, pódelo confirmar co usuario Xoán Carlos Fraga (os dous somos filólogos, pero el de galega e eu de inglesa). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:16, 10 de setembro de 2010 (UTC)