Benvido(a) á Galipedia, Averoh!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:58, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

  Por favor, non engadas ligazóns externas inapropiadas na Wikipedia, como fixeches en "Xinzo, Ponteareas". A Wikipedia non é un directorio de ligazóns, nin debe servir como plataforma para a publicidade ou a promoción. Entre as ligazóns non axeitadas atópanse aquelas que van dar a sitios web persoais, a páxinas ás que estás afiliado e sitios que atraen visitantes a unha páxina web ou promocionan un produto. Se aínda cres que a ligazón debera incluírse no artigo, abre un fío na páxina de conversa para así debatelo con outros usuarios. Grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 02:00, 13 de febreiro de 2011 (UTC)


Ola, ante todo pedirche perdon por variar o teu artigo. Son novo por estes lares ,e o rexistrarme o primeiro que vin, foi que a entrada da miña parroquia faltaballe un vinculo a paxina web que se esta a construir (todavia esta en pañais, perdon, e un enbrion), e donde vamos a intentar mostrar o que nela se pode ver e facer. Se crees que se deberia incluir un vinculo a nosa paxina (eu coido que poderia ser interesante, sobor de todo cando estea terminada, xa que como podes comprobar non e unha paxina persoal pois nela tentamos incluir a todolos nosos colectivos veciñais ainda que todavia nos faltan bastantes) aqui che deixo a direccion (www.xinzo.org). Volver a pedirche perdon por tocarlle o teu artigo sen informarme antes de como funciona isto da wiki e quedo esperando a tua resposta. Un saudo.--Averoh 09:54, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Averoh. Explícoche: non é o artigo de ninguén. Os contidos da Galipedia non teñen dono. O que che dicía o usuario Xoacas é que non fagas Spam, publicidade, propaganda etc. Nada máis. Para entederes como funciona a edición wiki, no cadro de enriba tes unha serie de ligazón que che serán de utilidade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:07, 14 de febreiro de 2011 (UTC)