Benvido(a) á Galipedia, Breogan2008!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Breogan2008 (conversa) 25 de maio de 2015 ás 19:09 (UTC)Responder

--Aristófanes (conversa) 1 de xuño de 2015 ás 11:05 (UTC) Moitas grazas pola túa pronta resposta, amabilidade e polas aclaracións que nos dás. Si, efectivamente, somos máis de un; así que comentaremos se alguén está disposto ou quere realizar 10 edicións para así poder modificar esta entrada. Teremos, por suposto, en conta o que nos comentas sobre que debe ser información de relevancia enciclopédica. Moitas grazas de novo e un sáudo.Responder



Xosé Cid Cabido editar

En primeiro lugar quero deixar claro que eu non son ninguén para conceder permiso para editar, sexa cal sexa o artigo. Todo o mundo pode facelo libremente. No caso do artigo de Xosé Cid Cabido, a páxina está semiprotexida, e só pode ser editada por usuarios usuarios autoconfirmados por ter sofrido vandalismo reiterado. Isto quere dicir que é un artigo que precisa uns requisitos mínimos para poder ser modificado. Para facelo, tedes que ter unha conta con 4 días de antigüidade e ter feito unhas 10 edicións. Iso é todo. Unha vez aclarado isto, paréceme moi ben o voso desexo por mellorar o artigo (falo en plural por que coido que sodes máis dun), pero lendo a vosa proposta decátome de dúas cousas: a primeira é que facedes unha alteración da orde dos contidos, pospoñendo a súa traxectoria máis "polémica". O apartado de traxectoria debe seguir sempre unha orde cronolóxica, independetemente da nosa interpretación persoal sobre a mesma. A segunda é que facedes unha escolma das súas obras, pero esta xa está recollida no apartado "Obra", e a súa repetición non aporta nada no corpo de texto. Con todo, anímovos a mellorar o artigo con máis contidos que non están aínda incluídos. Nas ligazóns a xornais que me pasastes pode haber información que axude a melloralo. Iso si, tedes que ter en conta que debe ser información de relevancia enciclopédica. Un saúdo e moito ánimo ós recén chegados. Se tedes calquera dúbida, non deixedes de preguntarme a min ou a calquera outro usuario da comunidade. Tentaremos axudarvos en todo o que poidamos.--Breogan2008 (conversa) 25 de maio de 2015 ás 19:09 (UTC)Responder