Benvido Alguén. E benvidos os teus coñecementos sobre linux e demais.--Agremon 21:46, 25 Oct 2004 (UTC)

Estou vendo os cambios que fixeches por exemplo en 'informática'. Parécenme ben, pero coida de que se hai páxinas xa ligadas copn anterioridade, hai que movelas en xeral á nova ligazón (por exemplo, eu movín 'Correo Electrónico' a 'Correo electrónico'.--Agremon 15:44, 27 Oct 2004 (UTC)

Darío Xohán Cabana editar

Ola Alguén, esta mensaxe é para avisarte que puxeches na páxina de Darío Xohán Cabana os datos da páxina de Bernardino Graña (movina porque había un erro no nome poñía Bernadino en lugar de Benardino). Un cordial saúdo. --Prevert 00:03, 20 Nov 2004 (UTC)

Perdoa Prevert, estaba a editar ambos autores simultaneamente e trabuqueime. -- Alguén

Non me tes que perdir perdón, só te avisei porque supuxen que non te decataras, e eu andaba pola Galipedia mirando e facendo cambios. Aproveito a ocasión para darche a benvida con retraso. Por certo, é maís cómodo asinar as mensaxes co segundo botón pola esquerda da caixa de edición, introduce uns caracteres deste tipo --~~~~ que logo se convirten na sinatura. E tamén é preferible respostar as mensaxes na páxina do usuario que as puxo así aparece un aviso sempre que hai unha mensaxe nova e doutro xeito as que estar pendente das variacións recentes. Bó traballo o que estar a facer cos autores galegos dos que aínda nos faltan moitos. Saúdos. --Prevert 00:22, 20 Nov 2004 (UTC)

Informática editar

Alédome de que estés a traballar nesa páxina. Deixeina a medias fai moito tempo. :) --Agremon 19:34, 21 Nov 2004 (UTC)

Fixen algún cambio nas páxinas que metiches ontes (LED, etc). Por favor, compróbaos.--Agremon 07:06, 23 Nov 2004 (UTC)

Gracias polas correcións que fixeches. --Alguén 20:12, 24 Nov 2004 (UTC)

copiar o historial nas fusións editar

Eu fágoo así. Un saúdo --Alyssalover 16:38, 29 Xan 2005 (UTC)

  • Xa vexo que che contestou Alyssalover. O proceso e copiar e pegar. Seleccionas as liñas das contribucións do historial da páxina orixe e logo pegas na páxina de discusión da páxina destiño, como se ve no exemplo do comentario anterior (nese exemplo aparecen varias liñas diferentes porque a fusión tivo lugar con máis dunha páxina). Saúdos. --Prevert(talk) 19:25, 29 Xan 2005 (UTC)
  • Páxina borrada, grazas a tí por fusionala. Saúdos. --Prevert(talk) 23:13, 29 Xan 2005 (UTC)

Hai un problema co nome da páxina OS/2, o uso da barra inclinada no software MediaWiki crea unha subpáxina dentro da páxina, neste caso sería a páxina 2 dentro de OS. Iso non está recomendado na actual versión do software salvo que sexa dentro do espacio de nomes Wikipedia (as páxina que comezan por Wikipedia: ou semellante). Habería que movela a outra páxina sen a barra inclinada. Poderías movela a outra que consideres apropiada? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:16, 2 Feb 2005 (UTC)

Estou a ver como podo arranxar o problema. Na Wikipedia en castelán tamén teñen OS/2 escrito asi. En ambos casos vai igual. Non creo que ninguén que entre na galipedia busque directamente OS/2 ó entrar polo tanto vou mover o artigo a OSDOS e cando o o vexan dentro dun artigo amosarase así: OS/DOS. --Alguén 00:37, 2 Feb 2005 (UTC)

  • Estiven comprobando que en todas partes o teñen así, entón quizais sexa mellor deixalo tal como está (aínda que o que dixen arriba é certo). Supoño que a solución alternativa será menos satisfactoria que o problema de facer unha subpáxina. Desculpa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:32, 2 Feb 2005 (UTC)
  • Entón deixarei o artigo onde--Prevert(talk) 19:55, 20 Feb 2005 (UTC) está. --Alguén 13:59, 2 Feb 2005 (UTC)

Tarxeta ou Tableta? editar

  • coido que non sei se te trabucarias no enunciado dun dos artigos de informatica, xa que vi exposto tableta gráfica, cando debera de ser tarxeta gráfica dentro os apartado "perifericos". un saudo--Xelo2004 23:48, 15 Feb 2005 (UTC)
  • Gracias Xelo2004 polo aviso. Non é un erro, tarxeta gráfica e tableta gráfica fan referencia a dispositivos diferentes. Tableta gráfica é un periférico que converte o que escribes ou debuxas enriba da súa superficie nunha imaxe dixital (máis ou menos).

--Alguén 14:07, 16 Feb 2005 (UTC)

Cámara de vídeo dixital e outras editar

Ola Alguén interesante traballo o que estás a facer coa informática. Está mensaxe é para comentarche que segundo as regras que están en Wikipedia:Eliminación rápida non se poden crear páxinas baldeiras como Cámara de vídeo dixital ou Cámara fotográfica dixital, non as borrei porque supuxen que proximamente crearías o artigo. É preferible crear a páxina no momento en que se redacte o artigo. Por certo Cámara de vídeo dixital clasificada como periférico informático paréceme un pouco dubidoso (en todo caso algún modelo de cámara -só é un opinión-). Unha última cousa é mellor que respondas as mensaxes na páxina de discusión dos usuarios que as deixan, porque así aparece un aviso en canto un se rexistra, no meu caso é a pequena ligazón xunto a sinatura chamada talk. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:01, 17 Feb 2005 (UTC)

  • Grazas Alguén, como é unha páxina comprimida polo momento non se pode borrar, queda marcada como lixo para cando o sistema permita o borrado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:55, 20 Feb 2005 (UTC)
  • Por un fallo meu deixarache unha mensaxe que non era procedente, era algo que compete aos administradores, síntoo, estás a facer un gran traballo nos artigos relacionados coa informática, felicítote.--Rocastelo(fálame aquí) 20:52, 1 novembro 2005 (UTC)

En relación as capturas de pantalla de programas de Microsoft Image:Captura 18.png e Image:Captura 22.png non creo que se poidan calificar como GFDL. Son programas que teñen copyright polo tanto non poden ter unha licenza libre. Unha cousa é a captura e outra o contido. Reproduzo a continuación este texto procedente de Commons que explica o tema: "Screenshots are copyrighted if the displayed program or operating system is copyrighted. For a detailed discussion see here. Thus, screenshots can not be used on the commons unless all components, programs and data shown in them are under some free license. As an example, Microsoft's guidelines do not allow derivatives (see here). This means that the use of screenshots of Microsoft products would go against commons policy.

Note that the screenshot may be published under this free license only if all the images used for the program GUI have a free license. If, for example, all of them are PD then the screenshot must be PD too because the creative work of creating a screenshot is zero. If the screenshot contains icons or content of nonfree sites, the screenshot is not free."

Polo tanto mentres non teñamos os marcadores e directrices definitivas será mellor volver a marcalos como {{ImaxeProvisoria}}. Agora estamos revisando todas as imaxes da Galipedia pero aínda nos falta moito traballo por facer. Canto teñamos máis materiais de axuda ou comece o debate sobre as imaxes na Galipedia podemos tomar entre todos unha decisión definitiva. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:46, 4 xuño 2006 (UTC)

Conforme co expresado por User:Prevert na mensaxe anterior, marquei para borrar a imaxe do títulopor violación dos dereitos de autor. Se desexas fundamentar para que non sexa borrada, accede a Wikipedia:Votacións para borrar#Image:Windows Vista Beta 2 (en).png e edita o apartado.

Por outra banda, dicirche que sigo con atención os artigos en que colaboras, e que o teu traballo é moi valioso para a Galipedia. Conta comigo para o que precises. Un coedial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 14 agosto 2006 (UTC)

  • Como verás a continuación, todos nos confundimos. O meu é peor, porque me confundo por esquecer as cousas que debía saber. A páxina para discutir as imaxes non é Wikipedia:Votacións para borrar, senón Wikipedia:Imaxes para borrar. Creo que se pode amañar o asunto e trasladar os datos mesmo trasladando o historial, pero aínda nunca o fixen. Procurarei que sexa trasladada. E non te preocupes por cometer erros, canto máis traballes, máis posibilidades hai. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:31, 14 agosto 2006 (UTC)

Imaxe de Flickr editar

  • Moita das imaxes de Flickr poden subirse á Commons ou á Galipedia. O procedemento en Commons xa está creado. Pero a imaxe que dis (Oscar Pereiro - Tour de Romandie time trial at Lausanne) non se pode subir a ningún dos sitios porque non permite as obras derivadas e o uso comercial.

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. S fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.

Polo de agora eu só subín imaxes do 6º grupo a Commons. Os datos das fotos do 6º grupo (polo de agora este sistema só é válido para Commons, pero podes subilas alí) incorpóranse engadindo a seguinte táboa:

{{flickr|
|title=título da foto en Flickr
|description= Descrición da foto
|photographer= Nome ou alcume do fotógrafo
|photographer_location= localidade do fotógrafo
|photographer_url= enlace á páxina en que están os datos do fotógrafo en Flickr
|flickr_url= enlace á páxina en que está a foto
|taken= Data con que aparece a foto en Flickr
|reviewer= Usuario que a subiu (non se pon User:)
}}
{{cc-by-sa-2.0}}

As imaxes do 1º grupo poden subirse con esa mesma táboa, pero hai que cambiar a licenza por {{cc-by-2.0}}

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:38, 27 agosto 2006 (UTC)

Imaxes xa subidas de Flikr a Commons editar

Dálle un repaso a Commons:Category Galicia ou mira esta subpáxina da miña páxina de usuario, nela hai unha relación das imaxes que xa foron subidas a Commons. Se sobes algunha, agradeceríache que engadises nese listado un novo enlace. Se o fas así evitaremos subir imaxes duplicadas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:42, 27 agosto 2006 (UTC)

  • Acabo de rectificar unha das licenzas para subir imaxes. Onde puña {{cc-by-sa-2.5}} puxen a licenza correcta que é {{cc-by-sa-2.0}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:19, 29 agosto 2006 (UTC)

Ola Alguén!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Alguén. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:33, 6 decembro 2006 (UTC)

Eleccións de administradoresAgradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de [[Wikipedia:Votacións/Elecci

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:27, 3 outubro 2007 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, Alguén! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:44 (UTC)Responder

Matthias Ettrich editar

Boas, o artigo Matthias Ettrich, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 21 de setembro de 2020 ás 12:28 (UTC)Responder

Optical Character Recognition editar

Boas, o artigo Optical Character Recognition, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2022 ás 10:00 (UTC)Responder

BFS editar

Boas, o artigo BFS, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 28 de agosto de 2022 ás 14:43 (UTC)Responder

Unidade aritmético-lóxica editar

Boas, o artigo Unidade aritmético-lóxica, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 8 de decembro de 2023 ás 20:42 (UTC)Responder

Caché editar

Boas, o artigo Caché, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de marzo de 2024 ás 21:20 (UTC)Responder