Benvido(a) á Galipedia, Aenlle!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:43, 15 de xuño de 2010 (UTC)

ReferenciasEditar

Ola e benvido. Vin as edicións que fixeches en Lista de xentilicios do galego exterior e pregúntome se sería posible fundamentalas con referencias que as avalen. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:31, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Son novo nesta cuestión, non sei poñer as referencias, e uns son xentilicios populares e outros inventados desde un consenso coa xente que defendemos o galego no Eo-Navia, a maioría son populares, algúns en forte desuso como santiseiro ou santalleiro, e forman parte da miña tese de vocabulario do Eo-Navia. Carlos Aenlle. Referenciar un xentilicio vai ser abondo díficil cando só nos baseamos na tradición oral, non escrita. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Aenlle (conversacontribucións)

VariosEditar

Bo día, Aenlle. Varias cousas, por partes: para comunicarte con outros editores, tes que facelo na súa páxina de conversa, non na túa propia, caso contrario non lles chega o aviso de nova mensaxe. E non esquezas asinar. Faise premendo no cuarto botón comezando pola dereita, enriba do cadro da escrita, o que ten a traza dun garabato.

Canto á ALLA e o galego de Asturias, tes razón en que certos grupúsculos deberían quedar reducidos ao que son: representantes de si mesmos. E si, cumpría darlle un lavado de cara ao artigo tirando de referencias, que as hai, por suposto. Se non se ten feito xa é porque non houbo ninguén dos activos que verdadeiramente controle do tema ou que polo menos teña interese en compartir os seus coñecementos. Se podes, dálle ao artigo e engade contidos.

Sobre da toponimia e os xentilicios, propuxen na páxina de conversa de Xeografía de Asturias botar man deste manual de toponimia, que entendo é moi bo. Sobre os xentilicios, se non hai referencia, ben da RAG, do DEGU, dun manual da UVigo ou de quen for, dificilmente poden quedar. A Galipedia non é fonte primaria de información senón que se nutre dos contidos que os expertos elaboran. Un exemplo: se por exemplo eu soubese que Beiras ten tres fillos ilexítimos, sendo eu un deles, por moito que sexa verdade e por moito que paga a pena engadilo ao texto, non podo facelo a menos que unha fonte especializada o teña publicado nalgún momento e así apareza recoñecido nunha páxina -dixital ou non- á cal todos podamos acudir para corroboralo. De calquera maneira, temos ferramentas para isto dos xentilicios, e non poucas. Olla para aquí, sección xeografía.

Canto ás referencias, aquí tes a maneira de as poñer: preme para ver a diferenza entre versións.

Espero non ter esquecido nada no tinteiro. De calquera maneira, conforme vaias editando irás afacéndote ao estilo do proxecto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:01, 16 de xuño de 2010 (UTC)