Dámosche a benvida á Galipedia, 88.13.85.76

Ola, 88.13.85.76. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --RubenWGA (conversa) 15 de novembro de 2021 ás 19:38 (UTC)Responder

Estilo no artigo Alejandro Viana Esperón

editar

Ola 88.13.85.76. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Alejandro Viana Esperón.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 15 de novembro de 2021 ás 19:43 (UTC)Responder

Referencias en "Alejandro Viana Esperón"

editar
 

Ola, 88.13.85.76. O artigo "Alejandro Viana Esperón" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 15 de novembro de 2021 ás 19:43 (UTC)Responder

Grazas pola información, mañá tentarei facelo correctamente, non estou moi afeito. Non me deu tempo a rematar toda a redacción da traxectoria e poder poñer as fontes. Son o autor da biografía de Alejandro Viana, non haberá problema en citar todas as fontes. Moitas grazas. Saúdos!! 88.13.85.76 15 de novembro de 2021 ás 21:17 (UTC)Responder
Ola, ningún problema por facelo mañá; só lembra que é aconsellable crear unha conta de usuario para facilitar a comunicación (tamén ten outras vantaxes, visita a páxina de benvida indicada máis arriba), porque a túa ip pode ser diferente mañá. Aproveito para comentarche que se editan dúas persoas a un tempo no mesmo artigo dáse un conflito de edición (non se poden gardar as modificacións feitas por una delas). Por esta razón, se tes pensado traballar un bo cacho no artigo é recomendable que lle poñas o modelo en uso, para indicar que estás a traballar nel. Pódelo atopar aquí; co editor visual tes que premer o botón de inserir>modelo, teclear o nome ata que apareza e seleccionalo (non uses o que pon En uso/uso); co editor de fonte escribiríalo así {{en uso} [pechando con dúas chaves e non con unha como fixen eu aquí]. Moitas grazas por colaborar co proxecto. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2021 ás 21:27 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses

editar

Ola 88.13.85.76. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 15 de novembro de 2021 ás 21:30 (UTC)Responder