Benvido(a) 84.79.64.229 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Xas (conversa) 1 de maio de 2014 ás 21:44 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola 84.79.64.229. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2014 ás 07:49 (UTC)Responder

neutralidade editar

Ola!

Grazas por achegar como referencia o monográfico da Revista Galega de Filoloxía. As túas edicións foron aproveitadas, pero fíxose algunha modificación para axustar o texto ao Libro de estilo. Amais, retirei parte da redacción por afastarse do ton enciclopédico, como o texto "tarefa que tomará como unha agradábel actividade complementaria que lle permite incrementar os ingresos salariais e asemade rachar co prosaico do traballo oficinesco, facéndoo merecente da agarimosa lembranza de varias xeracións de alumnos que non deixarán de agradecer o seu maxisterio mesmo en escritos publicados moitas décadas despois", que ten unha certa percepción subxectiva.

Por outra banda, recoméndoche que lle botes un ollo a Wikipedia:Punto de vista neutral; non se estima correcto editar un artigo sobre unha persoa con quen se ten relación, xa sexa familiar, de amizade, ou profesional. Agradécese moito a achega de fontes e mesmo de imaxes, de as teres, pero quizais as túas achegas poidan non ser todo o obxectivas que require unha enciclopedia.

Un cordial saúdo, e mil grazas por colaborares. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de maio de 2014 ás 09:05 (UTC)Responder