Benvida á Galipedia, Denniselynn!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--RNC 17:41, 25 novembro 2009 (UTC)

Intereses

editar

Boas, unha preguntiña: tes algún vencello con Xulio Formoso? --Atobar (conversa comigo) 19:22, 26 novembro 2009 (UTC)

Boas, Denisse. Pois mira, teño que che comentar unha cousa que é un problema. Un non pode editar sobre intereses propios, é dicir, nin sobre un mesmo, nin sobre a súa contorna inmediata ou os seus intereses. Póñoche un exemplo moi claro: se Obama quixese editar no seu artigo ou se a súa Administración quixese editar no seu artigo, simplemente non poderían. Por ser parte interesada, para entendérmenos. Nada ten que ver que sexa máis ou menos importante o personaxe en cuestión; e no caso de teu pai é evidente que ten relevancia abonda para figura na Galipedia. O que vou facer é poñer isto en coñecemento dos demais editores no panel dos administradores e a ver que se decide. En calquera caso, malo será que non se chegue a algo bo, porque o artigo que editaches está moi ben feito. Entrementres, deixo o marcador de atención no artigo. Un saúdo e adiante con esa cooperación co proxecto! --Atobar (conversa comigo) 14:15, 27 novembro 2009 (UTC)
Dennise, creo que me interpretaste mal. No te estaba advirtiendo sino informando. Veo un cierto cariz de enfado por tu parte y no creo que haya razones para que así sea, porque nadie está reprochando tu comportamiento, unicamente te dije que según las políticas vigentes -y yo creo que aun teniendo algún fallo que habrá que subsanar no son malas- uno no puede editar sus propios intereses (intereses entendido como aquello que tenga una relación directa con el editor; no se refiere forzosamente a que el editor pueda sacar provecho con la edición, de hecho puede tratarse de una edición impecable), pues si estos son lo suficientemente importantes, tarde o temprano alguien desligado del asunto creerá conveniente incluirlo en la wiki. Mira, por ejemplo: nadie de los que aquí editaron el artículo de Michael Jackson tuvo relación alguna con el sujeto, pero por razones evidentes merece un artículo en una enciclopedia. Ahora bien, si mañana su padre, su hermana, su representante o quien sea quiere editar su artículo simplemente no podrá hacerlo, tendrá que esperar a que una persona sin ningún tipo de vínculos con el personaje lo haga, y seguro que alguien lo hará, porque, como te digo, es una información y un personaje relevante, lo que lleva a que tarde o temprano el artículo se cree. Es bastante simple y es todo cuanto te puedo decir. Un saludo. --Atobar (conversa comigo) 17:06, 27 novembro 2009 (UTC)

Orixe descoñecida

editar
 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Formoso, Ferreiro y Sesto.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Formoso, Ferreiro y Sesto.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  16:47, 27 novembro 2009 (UTC)

  • A imaxe foi retirada da páxina por carecer de orixe. Proximamente, se non aclaras a orixe da mesma, será borrada-- Lmbuga / Conversa comigo  23:30, 3 decembro 2009 (UTC)