Conversa Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega

Último comentário: hai 6 anos de Elisardojm no tópico Nome e apelidos?

"Elsa Fernández" editar

Estevoaei, nesta lista falta unha tal Elsa Fernández, podes dicirme o segundo apelido ou algún dato máis para poder atopar datos dela na rede? É que só con "Elsa Fernández" hai demasiadas páxinas e non se pode atopar nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 11:16 (UTC)Responder

@Elisardojm: A tal Elsa Fernández G., segundo Del Riego, naceu en Buenos Aires no 1933, filla de pais ourensáns, finou, tamén en BBAA, en 1966.
Nunha biblioteca tes máis información, por exemplo, en:
Na rede, en:
E no teu PC, en:
Vale, moitas grazas HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 10:28 (UTC)Responder

Homónimo editar

E alguén pode desfacer o homónimo a RODRÍGUEZ, Antonio, 706. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 10:32 (UTC)Responder

  Refírese a Antonio Rodríguez, poeta nado en Monforte de Lemos en 1961. E corrixido desfasamento de páxinas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2018 ás 11:27 (UTC)Responder
Moitas grazas de novo polos arranxos HombreDHojalata, porén, non entendo por que puxeches PITA ROMELO, Emilio, non é Emilio Pita Romero? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 23:32 (UTC)Responder
Si. "Romelo", con "l". Así é como aparece no libro. Outras fontes indican "Romero", con "r", pero a maioría omiten o segundo apelido, así que non está claro. Posiblemente sexa un erro, pero sería un erro de Del Riego, non da Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 06:46 (UTC)Responder
Ah, vale, HombreDHojalata. E entón, non sería ben poñerlle un sic ou unha nota, ou algo? Para que se entenda ben o que pasa... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 09:49 (UTC)Responder
-) Penseino, máis non o fixen porque, como digo, non teño a certeza de se o apelido verídico é Romelo ou Romero. Poñerlle o sic implica dar a entender que Romelo é incorrecto. Non vexo a necesidade. É unha listaxe das entradas do libro e esa é a entrada do libro, sexa correcta ou incorrecta. Xa leva ligazón interna ao noso artigo (Emilio Pita), polo que non hai dúbida posible de a quen fai referencia. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 09:58 (UTC)Responder
Pero é que hai un problema, na listaxe ponse que é Romelo e no artigo dicimos que é Romero, co cal non cadra a información... Se o segundo apelido non está referenciado, entón habería que quitalo no artigo que temos nós... O artigo está referenciado coa GEG pero non puiden mirar se ten o segundo apelido, revisareino pola tardiña, pero se non ten referencia, haberá que quitalo do artigo, ou poñer Romelo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 11:01 (UTC)Responder

Ou poñer os dous, coas súas referencias. En todo caso, iso será, como ben dis, no artigo de Emilio Pita, non nesta listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 11:21 (UTC)Responder

Escusas de buscar na GEG. Aí non consta o segundo apelido. Xa cho digo eu. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 11:30 (UTC)Responder
Vale, moi ben, grazas por engadir a información no artigo de Emilio Pita. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 11:52 (UTC)Responder

Xa teño unha resposta definitiva. O segundo apelido non é nin Romero nin Romelo!, é Robelo. Máis info no propio artigo. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 15:18 (UTC)Responder

Xenial, entón agora si podemos poñer o sic, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 19:42 (UTC)Responder
  Poñido[sic]. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 20:14 (UTC)Responder
Xenial, estupenda investigación! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 20:25 (UTC)Responder

Nome e apelidos? editar

Pasamos tamén esta lista ó formato "natural" de Nome+Apelidos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2018 ás 13:18 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega".