Conversa Wikipedia:Artigo destacado

(Redirección desde «Conversa Wikipedia:Artigo Destacado»)
Último comentário: hai 11 anos de HombreDHojalata no tópico Proposta: eliminar texto sobre artigos traducidos
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots


Esta é a páxina de conversa acerca dos artigos destacados.
Para propor novos artigos destacados ou para votar as propostas actuais, utilice as ligazóns que hai á dereita.

Proposta de movemento editar

Propoño mover esto a Wikipedia:Artigo da Portada, para deixar o espazo de Artigos destacados para a proposta que se fará non dentro de moito. A páxina esta, pese a moverse, seguiría igual: para votar os artigos que van á portada (xa que a Galipedia non é o sufucientemente grande como para garantir un artigo destacado ó mes), xa que para saír a portada non teñen que pasar un exaustivo control de calidade, senón que máis ben os bos artigos son os que saen á Portada. Así que propoño mover esto a Wikipedia:Artigo da Portada, para deixar espazo á proposta que vou facer un día destes e que podedes ver aquí: User:Albert galiza/Wikipedia:Que é un artigo destacado, User:Albert galiza/Escolla do artigo destacado, User:Albert galiza/Exemplo artigos destacados. AlberteSi, digame? 00:58, 17 setembro 2007 (UTC)

  •   Concordo --Xabier Cid 09:39, 17 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo. Semella lóxico, pero creo que debería falarse con Xosé que fixo o traballo de aclarar estas páxinas de destacados para ver como mellor se pode facer. Lansbricae (Ti dirás) 09:45, 17 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:27, 17 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo--Hugo22 10:29, 17 setembro 2007 (UTC)
  •   Comentario. Si, Xosé é quen mellor pode facer todas estas mudanzas. AlberteSi, digame? 12:26, 17 setembro 2007 (UTC)

Acabo de ver isto. Se non entendo mal, o que até agora chamábamos Artigo Destacado, pasaría a chamarse Artigo da Portada? --Xosé (✉) 15:55, 19 outubro 2007 (UTC)

  • Cando se aprobase o que se propoña como artigos destacados haberá que cambiarlle o nome se non son coincidintes os criterios de eleción e seleción de ambos, que é o que semella que se vai propor, pero iso xa non o sei. Lansbricae (Ti dirás) 16:39, 19 outubro 2007 (UTC)

Semiprotección editar

Propoño que a páxina Wikipedia:Artigo Destacado sexa protexida fronte á edición de IPs (visto o último vandalismo) tal e como xa se fixo con Wikipedia:Sobre Galicia e con Wikipedia:Imaxe da Semana, para que só poidan editar a devandita páxina os usuarios rexistrados. --Toliño Fala aquí comigo 11:17, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Tes razón, visto o visto é mellor realizar a semiprotección. AlberteSi, digame? 12:24, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Diferencias cos Artigos de calidade editar

¿Que diferencia hai entre estes artigos e os artigos de calidade?. E que eu non lle atopo diferencia ningunha.--Ric delg, Falemos - 02:11, 6 de agosto de 2010 (UTC)

A diferenza radica en que os artigos de calidade deben cumprir uns patróns de calidade para garantir que o artigo é digno de pasar á vitrina de honra da Galipedia. Os artigos destacados, aínda que bos, serven para salientar aspectos nos que somos fortes, pero con marxe á mellora. --Toliño Fala aquí comigo 14:57, 11 de agosto de 2010 (UTC)
Logo, ¿os artigos destacados serían como os artigos da Wikipedia en castelán que se chaman Artículos buenos? A verdade é que enredeime un pouco coas denominación por culpa das que usan na Wikipedia en castelán, pero coido que a denominación de Artigo de calidade é unha mellor denominación para artigos excelentes (mágoa que teñamos tan poucos). Saúdos e grazas pola explicación.--Ric delg, Falemos - 00:29, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Proposta: eliminar texto sobre artigos traducidos editar

Propoño eliminar o texto "Por regra xeral son artigos redactados expresamente para a Wikipedia en galego, non traducións, por colaboradores habituais deste wiki." da páxina Wikipedia:Artigo destacado/Propostas. É unha apostila que non me parece necesaria, un artigo é destacado polo seu contido, a súa redacción correcta e accesible, e as súas referencias, non por como e onde se creou. Ademais que o gran traballo que supon facer unha tradución de calidade non debe ser minusvalorado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2012 ás 09:31 (UTC)Responder

  Concordo--. HombreDHojalata.conversa 18 de decembro de 2012 ás 09:56 (UTC)Responder

Proposta: engadir as datas de votación na cabeceira da proposta editar

Propoño que para facilitar o seguimento e deixar ben clara a vixencia das votacións a artigo destacado se obrigue a por na cabeceira das propostas o período de votación de cada unha delas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2012 ás 09:31 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Artigo destacado".