Conversa:Prehistoria de Galicia

Último comentário: hai 3 días de Breogan2008 no tópico Prehistoria DE ou EN Galicia

Untitled

editar

Polo pouco que eu sei este artigo está desfado nas teorias que expón como 80 anos. Xa ninguén mantén o estudio do sustrato céltico recorrendo a teorias de migracións masivas, se non como o estudio da participación da e na cultura céltica da Galaecia anterior a romanización e da formación dunha cultura a castrexa como froito da base autóctona, a predominante cultura céltica do momento na meseta e en Europa e o cada vez mais valorado sustrato oriental froito das relacións co sur peninsular, os Tartessos, en definitiva cos fenicios e a través deles co mediterráneo.

A toponimia aporta datos do forte influxo da cultura céltica, pero con isto e con datos como a nosa música e outras costumes compartidas con Gran Bretaña ou a Bretaña francesa unidos as fontes clásicas, non serven xa para sustentar estas teorías da orixe celta de Galicia, xa que mais ben trátase do producto dun intercambio cultural ca bretaña, Irlanda... que xa se iniciou con anterioridade aos celtas, no noso neolítico e dun fenómeno que se podería denominar como o da particularidade dos finisterres europeos, lugares nos extremos xeográficos e de difícil aceso que parecen compartir uns rasgos evolutivos similares, como pode ser a mellor conservación de tradicións...

Todo esto o expoño porque esta forma de entender a nosa historia é a predominante na actualidade entre a nosa xente da rúa e polo que levo visto tamén neste lugar.

Gustariame tratar de aportar datos a estos artigos pero non me considero moi preparado para elo, e asemade sería moi dificultoso xa que a exposición dos artigos impiden engadir outras teorías xa que, como herdeiras do romanticismo que son, están compostas como unha defensa da raiz céltica e non como busca facer a historiografía moderna aportando as hipóteses mais plausibles ao tenor principalmente dos datos aportados pola arqueoloxía, as fontes clásicas, a toponimia e resto de fontes de estudio. --Lansbricae 19:48, 10 febreiro 2007 (UTC)

Creo que o nome do artigo debería ser prehistoria en Galicia. Tal e como está agora (Galicia prehistórica) parece dar a entender que Galicia xa existía como tal na prehistoria, pero creo que a outra proposta fala da prehistoria no que hoxe é o territorio galego. Non sei se me explico ben. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:42, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Existe a redirección Prehistoria de Galicia. Tamén eu vexo que este título non é de todo correcto. A prehistoria en Galicia ou Prehistoria en Galicia son opcións penso que mellores. --Atobar (conversa comigo) 12:53, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

  Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:36, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

Prehistoria DE ou EN Galicia

editar

@Breogan2008 @Estevoaei @Atobar @Xoacas @Albert galiza

Boas, ando co tema de renomear e unificar a nomenclatura dos títulos relacionados coa Historia de Galicia. Entendo a lóxica que usastes para tomar esta decisión: interpretar a prehistoria como un período histórico, na que Galicia como tal inda non existía. Pero igual que non tería sentido dicir a Historia en Galicia para a Historia de Galicia (durante toda a historia a Galicia contemporánea tampouco exitía, pero non por iso deixa de ser parte da súa historia), penso que non ten moito sentido elixir como título: Prehistoria en Galicia.

Por suposto sen entrar nos límites de enfoque que supón se só falamos do territorio actual de Galicia. Non tería cabida falar da cultura castrexa fóra dos límites galegos actuais por exemplo.

O título de prehistoria, entendida como: a historia antes da escritura, igual ca historia, en concreto, DE cada país/rexión (como Prehistoria da China: Historia da China, Prehistoria da Península Ibérica que neste caso ao referirse a un territorio xeográfico podería ser Prehistoria na Península Ibérica, Prehistoria de Australia: Historia de Australia, ... ) paréceme máis correcto ca Prehistoria en Galicia: Historia de Galicia ou Prehistoria en Escocia: Historia de Escocia.

Espero a vosa resposta antes de editar. Saúdos, O Breixo (conversa) 13 de xullo de 2024 ás 15:09 (UTC)Responder

Boas @O Breixo, eu concordo contigo e son partidario de usar sempre "de" no canto de "en", por coherencia co resto de artigos e por lóxica. Grazas meu polo teu traballo. Breogan2008 (conversa) 13 de xullo de 2024 ás 15:20 (UTC)Responder
Volver á páxina "Prehistoria de Galicia".