Ambiente
- Para a publicación semanal véxase Ambiente (O Carballiño).
O ambiente[1] (ou o medio)[2], en ecoloxía, defínese como os elementos bióticos e abióticos que rodean aos organismos, ou ás poboacións, e que determinan a súa capacidade de supervivencia, o seu desenvolvemento e a súa evolución.[3][4][5][6] O conxunto de condicións externas que afectan a esas condicións poden ser de tipo social e cultural, e nalgúns contextos, incluso políticas e económicas.[4] As dimensións dos ambientes varían desde escalas microscópicas ao conxunto da terra e son incontables. Os ambientes pódense clasificar segundo as súas características, por exemplo, en ambientes mariños, atmosféricos ou terrestres.[5] Cando se lle presta atención aos espazos ocupados polas especies, o termo ambiente adoita ser un sinónimo de hábitat.
Os espazos onde as actividades humanas tiveron un efecto de transformación importante do ambiente "natural", como a construción de cidades e urbanizacións ou transformado a terra en labradío intensivo, pódese definir como ambientes de antroposfera.
O "día mundial do ambiente" celebrase o 5 de xuño.[7]
Étimo
editarA palabra "ambiente" procede do latín ambiens, -ambientis, e esta de ambere, "rodear", "estar a ambos lados". A palabra "medio", como substantivo, procede do latín medium (forma neutra) e como adxectivo, do latín medius (forma masculina). O termo "medio ambiente" é redundante.[2]
Dominios
editarOs ambientes terrestres danse en catro grandes dominios onde se poden producir a interacción entre os organismos vivos con factores bióticos ou abióticos: a litosfera, a hidrosfera, a atmosfera e a biosfera. Nestes dominan os medios rochosos, acuosos, aéreos ou bióticos, respectivamente. Nalgúns casos defínese a criosfera como un ambiente propio, independente da hidrosfera, e a pedosfera (que é o conxunto de solos) como unha parte propia da litosfera.
Interaccións entre a vida e os ambientes
editarAs formas de vida que están presentes arestora estano porque conseguiron adaptarse, ou o estiveron conseguindo, as condicións de ambiente que ocupan. Factores abióticos como a temperatura, a luz, a humidade, os nutrientes dos solos ou outros, condicionan ás especies dentro do ambiente. Do mesmo xeito, as formas de vida modifican as condicións dos ecosistemas, coa produción de recursos ou a creación de novos nichos. Así, a liberación de oxíxeno á atmosfera foi un fito evolutivo que determinou os patróns bioxeoquímicos do planeta e modificaron os ambientes presentes no planeta. Deu pé a que aparecesen as plantas, e logo a vida animal, no evento da grande oxidación.
Notas
editar- ↑ Gómez Márquez, Jaime; Viñas Díaz, Ana María; González González, Manuel; Villar Docampo, David; Vale Ferreira, Luís; Fresco, Victor; Martínez Calvo, María Liliana (2010). Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés. Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia: Galigraf Galicia. p. 220. ISBN 978-84-453-4973-1.
- ↑ 2,0 2,1 A Real Academia Galega define como sinónimos perfectos para este concepto a ambiente e medio, suxerindo ambos sobre do uso de medio ambiente, importado do castelán.
- ↑ Herbert C. Hanson (1962). Dictionary of Ecology.
Ambiente: a suma de todos os factores externos que poidan afectar aos organismos.
- ↑ 4,0 4,1 Michael Allaby (2010). Oxford University Press, eds. A Dictionary of Ecology (5 ed. ed.). ISBN 9780199567669. doi:10.1093/acref/9780199567669.001.0001.
- ↑ 5,0 5,1 Peter Collin (2009). Over 7,000 terms clearly defined (6 ed. ed.). A&C Black Business Information and Development. p. 264. ISBN 9781408102220.
- ↑ O ambiente defínese como o "conxunto de características externas que afectan o comportamento dun sistema" segundo Gómez Marquez et al. 2010 en "Dicionario de Bioloxía".
- ↑ Nacións Unidas (eds.). "World Environment Day 5 June".
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ciencias para as políticas ambientas da Comisión Europea(en inglés)
- Ecosistemas e Conectividade - Ministerio de Agricultura e Pesca e Ambiente, Goberno de España (en castelán)
- Protección do medio - Consellaría de medio ambiente e ordenación do territorio, Xunta de Galicia(en galego)
- Sitema de información ambiental - Consellaría de medio ambiente e ordenación do territorio, Xunta de Galicia(en galego)