Constantin Uhde

arquitecto alemán

Constantin Ernst Carl James Uhde, tamén escrito Konstantin Uhde, nado o 23 de marzo de 1836 en Braunschweig (Brunswick, Baixa Saxonia, Alemaña) e finado o 31 de maio de 1905 na mesma cidade[1], foi un profesor universitario do Collegium Carolinum de Braunschweig e arquitecto alemán.

Constantin Uhde
Nacemento23 de marzo de 1836
Lugar de nacementoBraunschweig
Falecemento31 de maio de 1905
Lugar de falecementoBraunschweig
NacionalidadeImperio Alemán
Ocupaciónarquitecto e profesor universitario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo do astrónomo e matemático August Uhde (Königslutter, 1807—Braunschweig, 1861), profesor do Martino-Katharineum de Braunschweig, e de Caroline Dorothea Pauline Henriette Macrae of Holmains (falecida o 12 de decembro de 1880). Estudou entre 1854 e 1857 no Collegium Carolinum da súa cidade natal. Ingresou a continuación no departamento de construción do Ducado de Braunschweig e na administración do ferrocarril ducal. Alí traballou como enxeñeiro na construción da liña ferroviaria de Altenbeken a Kreiensen.

Entre 1863 e 1865 realizou unha longa viaxe de estudos a Francia, asistindo en París a conferencias de Viollet-le-Duc. Ademais, axudou a Émile Boeswillwald (18151896) nos seus proxectos de restauración da Sainte-Chapelle e da Catedral de Orleáns.

Desde 1865 ata 1901 Uhde deu clases no Collegium Carolinum, desde 1871 como profesor da materia de Arquitectura Antiga. Realizou neste tempo numerosas viaxes por Europa, como ás exposicións universais de París de 1867 e Viena de 1873, ou a países como Italia (en 1869, 1872, 1878, 1883 e 1886), Inglaterra (en 1859 e 1887), Escocia e Irlanda (de 1890 a 1891) e á Península Ibérica (de 1888 a 1889). Esta última viaxe tróuxoo a Galicia en maio de 1889. Veu comisionado polo Goberno Imperial alemán para escribir unha obra sobre os monumentos de España e Portugal, e en Santiago de Compostela realizou unha profunda análise da súa catedral, tirando o seu fotógrafo de viaxe, Paul Altmann, unha serie de imaxes da cidade[2]. Ademais, Uhde realizou un feixe de debuxos que, xunto ás fotografías, publicou no seu traballo "Baudenkmaeler in Spanien und Portugal" (Monumentos arquitectónicos de España e Portugal, 1892).

En 1877 foi un dos fundadores da Asociación de Artes e Oficios de Braunschweig, que presidiu entre 1884 e 1903. En 1881 tamén co-fundou a tertulia de artistas locais e amantes da arte chamada Feuchter Pinsel (cepillo mollado), na que participaron o pintor Johannes Leitzen, o escritor e pintor Wilhelm Raabe, o ximnasta e poeta August Hermann ou o acuarelista Hans Herse.

En 1893 foi comisionado polo Imperio Alemán para acudir á Exposición Universal de Chicago de 1893 e, no mesmo ano, foi nomeado Conselleiro Privado imperial. Por fin, en 1898 recibiu o título de Comendador de segunda clase da Orde de Henrique o León polos seus servizos.

Selección de obra arquitectónica editar

Uhde estivo fortemente influído polo arquitecto Gottfried Semper. A súa obra encóntrase case exclusivamente en Braunschweig, desenvolvido principalmente en estilo neorrenacentista, baseado en modelos do Renacemento italiano e alemán.

Imaxe Obra Localización Ano Observacións
  Nova Sinagoga e centro comunitario xudeu Braunschweig
Steinstraße, 4
1873–1875 gravemente danado no pogromo de 1938, foi demolido en 1940 argumentando o seu suposto mal estado
  Novo edificio do Collegium Carolinum Braunschweig
Pockelsstraße, 4
1877
Vila Vieweg Braunschweig 1879 residencia do editor Heinrich Vieweg
Vila Westermann Braunschweig
Löwenwall, 6
1880 residencia do editor Friedrich Westermann
  Vila Rimpau Braunschweig
Wolfenbütteler Straße, 2
1881–1882
  Vila Löbbecke en Inselwallpark Braunschweig
Inselwall
1881
  Rehabilitación da fachada da Haus zur Sonne (Casa do Sol) Braunschweig
Kohlmarkt
1885
  Hotel Monopol Braunschweig
Friedrich-Wilhelm-Platz, 4
1889 resultou gravemente danado por un bombardeo en 1945
Vila Cramer von Clausbruch Braunschweig
Bismarckstraße, 10
1889–1890 foi pazo ducal do mariscal da corte August Cramer von Clausbruch (1854–1927) e, entre 1933 e 2016, o Hospital St. Vinzenz
  Banca Löbbecke Braunschweig
An der Martinikirche, 4
1892–1893
Sinagoga de Lessingstrasse Wolfenbüttel
Lessingstraße
1893 destruído no pogromo de 1938
Edificio residencial e comercial Braunschweig
Bohlweg, 39
antes de 1896 destruído na segunda guerra mundial

Obra escrita editar

 
Escalinata do Pazo Arcebispal de Alcalá de Henares ("Baudenkmaeler in Spanien und Portugal", 1892)

Notas editar

  1. (G. Z. 1905, p. 323)
  2. "El sabio profesor de arquitectura...". Crónica de Pontevedra (en castelán) (Pontevedra). 13-5-1889. p. 3. 
  3. Editado por Wasnuth (Berlín).
  4. Publicado por Behrens (Braunschweig).
  5. Publicado por Wasmuth (Berlín). Conta con fotografías de Paul Altmann e debuxos do propio Uhde.
  6. Publicado por Wasmuth (Berlín).
  7. Editado por Wasmuth (Berlín).
  8. Só completouse a metade da primeira parte.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar