Connellita
A connelita é unha especie mineral rara, un clorosulfato de cobre hidratado, de fórmula química Cu19(OH)32(SO4)Cl4·3H2O, que cristaliza no sistema hexagonal.
Connelita | |
---|---|
![]() Cristal de connelita mostrando a súa coloración azul e verde característica | |
Fórmula química | Cu_19Cl_4(SO_4)(OH)_32·3H_2O |
Clase | Sulfatos |
Subclase | Haluros |
Sistema cristalino | Hexagonal |
Cor | Azul a verde azulado |
Brillo | Vítreo a sedoso |
Dureza | 3 - 3.5 na escala de Mohs |
Fractura | Concoide a irregular |
Exfoliación | Imperfecta |
Raia | Azul claro |
Densidade | Aproximadamente 3.28 g/cm³ |
Preséntase como penachos de cristais aciculares moi delicados dunha fina cor azul, e asóciase a outros minerais de cobre de orixe secundaria, como a cuprita e a malaquita.
A súa aparición en Cornualla foi observada por Philip Rashleigh en 1802, e foi examinada quimicamente por primeira vez polo profesor de Edimburgo Arthur Connell en 1847, de quen recibe o nome.[1]
A localidade tipo é Wheal Providence en Carbis Bay en Cornualla.[2] Fóra de Cornualla atopáronse en máis de 300 lugares do mundo, incluíndo Almería, Badaxoz, Castelo Branco, Namaqualand en Suráfrica, Bisbee en Arizona (EUA) e Neuquén en Arxentina.[2]

Notas
editar- ↑ Dana, James Dwight (1997). Dana's new mineralogy : the system of mineralogy of James Dwight Dana and Edward Salisbury Dana. Nova York : Wiley. ISBN 978-0-471-19310-4.
- ↑ 2,0 2,1 Connellite: Connellite mineral information on Mindat.org
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Connellita |
----
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |