Community Shield 2021
A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City.[3] Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.[4]
![]() | |||||
Wembley Stadium de Londres, que albergou o encontro. | |||||
| |||||
Data | 7 de agosto de 2021 | ||||
---|---|---|---|---|---|
Estadio | Wembley Stadium, Londres | ||||
Asistencia | 45.602 espectadores[1] | ||||
Árbitro | ![]() | ||||
Xogador do partido | ![]() | ||||
Tempo | Nubrado 18 °C (64.4 °F) 77% de humidade | ||||
← Community Shield 2020 | Community Shield 2022 → |
O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.
O partido foi televisado en directo a través de ITV. Por vez primeira, a FA Community Shield retransmitiuse en aberto (gratuitamente) en televisión dende a edición de 2012, que tamén foi retransmitida por ITV.[5]
ParticipantesEditar
O Leicester City gañou o seu primeiro título da FA Cup tras derrotar ao Chelsea por 1–0 na final. Foi a súa terceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado unha (1971), e perdido outra (2016).[6]
O Manchester City gañou a súa terceira Premier League en catro anos baixo o adestramento de Pep Guardiola, despois de que o Manchester United fose derrotado por 1–2 ante o Leicester City no Old Trafford o 11 de maio de 2021. Foi a súa décimoterceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado seis (1937, 1968, 1972, 2012, 2018 e 2019), e perdido outras seis (1934, 1956, 1969, 1973, 2011, 2014).[7]
Manchester City | Campión da Premier League (2020-21) | |||
Leicester City | Campión da FA Cup (2020-21) |
PartidoEditar
ResumoEditar
Na primeira metade, Zack Steffen conseguiu parar un disparo de Jamie Vardy coa dereita mentres se internaba pola esquerda, rebotando a pelota contra o poste esquerdo. No último minuto do partido, o Leicester recibiu un penalti cando Nathan Ake derrubou na área de penalti a Iheanacho despois de non controlar axeitadamente un pase de Rodri.[8] Iheanacho anotou a pena máxima coa esquerda á dereita da rede para gañar o partido por 1-0.[9]
DetallesEditar
Leicester City | 1 – 0 | Manchester City | 7 de agosto de 2021, 17:15 (BST) – Wembley Stadium, Londres Asistencia: 45.602 espectadores[1] Árbitro: Paul Tierney |
Iheanacho 89' (pen.) | Informe |
||
Leicester City[10]
|
Manchester City[10]
|
Xogador do partido:
Árbitros asistentes:[2] |
Regras do partido[11]
|
Campión Leicester City F.C. |
2.° título |
EstatísticasEditar
|
|
|
Post-partidoEditar
O adestrador do Leicester City Brendan Rodgers mostrou a súa satisfacción tras gañar a Community Shield por vez primeira en BBC Radio Leicester: "Houbo unha gran sensación chegando aquí hoxe. Todos os xogadores, afeccionados e membros do persoal do Leicester que vindo aquí foi unha sensación realmente especial. Queriamos trasladar todo iso no noso xogo e manter esa sensación e, afortunadamente, fixémolo". O adestrador do Manchester City Pep Guardiola felicitou ao rival tras a derrota: "Parabéns ao Leicester [City]. Estou máis que satisfeito con como xogamos. Moitas cousas estiveron ben, os xogadores novos estiveron excelente. Demos minutos a diversos xogadores, polo que en xeral houbo moitas cousas boas." Guardiola fixo debutar a varios futbolistas da canteira: Cole Palmer, Samuel Edozie e Ben Knight con Edozie e mais Palmer comezando o partido de inicio e Knight substituíndo a Ferran Torres no minuto 74.[10]
O Leicester City empezou a tempada 2021-2022 da Premier League cunha vitoria por 1-0 na casa fronte o Wolverhampton Wanderers cun único gol de Jamie Vardy no minuto 41.[14] Por contra, o Manchester City debutou na campaña como defensor do título cunha derrota por 1-0 no Tottenham Hotspur Stadium contra o Tottenham Hotspur grazas a un gol no minuto 55 de Son Heung-min, dando ao novo adestrador do Tottenham Hotspur Nuno Espírito Santo a súa primeira vitoria a cargo do club. A fichaxe récord Jack Grealish fixo o seu debut no Manchester City saíndo desde o once inicial.[15]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "FA Community Shield (Sky Sports)". Sky Sports (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "The 2021 FA Community Shield at Wembley will be refereed by Paul Tierney and his team". TheFA.com. The Football Association. 22 de xullo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ Murphy, Daniel (15 de maio de 2021). "Leicester City to face Man City in Community Shield following FA Cup triumph". Manchester Evening News. Consultado o 31 de xullo de 2021.
- ↑ "FA Community Shield: late Iheanacho penalty hands Leicester victory over Man City". TheFA.com. The Football Association. 7 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021.
- ↑ "Community Shield: Man City v Leicester City on 7 August". BBC. 3 de xuño de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021.
- ↑ McNulty, Phil (15 de maio de 2021). "Chelsea 0-1 Leicester: Foxes lift FA Cup for first time after Youri Tielemans stunner". BBC Sport. Consultado o 15 de maio de 2021.
- ↑ Stone, Simon (11 de maio de 2021). "Man City Premier League champions as Leicester City beat Manchester United". BBC Sport. Consultado o 11 de maio de 2021.
- ↑ "Leicester vs Man City LIVE: Community Shield result, final score and reaction today". The Independent. 7 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021.
- ↑ "Iheanacho punishes wasteful City to win Community Shield for Leicester". Guardian. 7 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Leicester beat Man City to win Community Shield". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Rules of the Football Association Community Shield" (PDF). TheFA.com. The Football Association. Consultado o 6 de agosto de 2017.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "Leicester 1 : 0 Man City :: Match Centre :: Summary". www.whoscored.com. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Leicester City vs. Manchester City - Football Match Stats - August 7, 2021 - ESPN". ESPN.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021.
- ↑ "Vardy hands Lage defeat in first game". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Son strike gives Spurs win without Kane". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial da Community Shield, en TheFA.com (en inglés)
- Historia da Community Shield, en TheFA.com (en inglés)
Predecesor: Community Shield 2020 |
Community Shield XCIX edición |
Sucesor: Community Shield 2022 |