Comba (nome)

nome feminino

Comba[1][2] é un nome propio feminino galego. Procede do latín Columba que significa de cor pálida (amarela clara ou cinsenta). Tamén fai referencia ás cualidades de suavidade e dozura propia das pombas.

Imaxe de Comba de Sens no concello de Santa Comba, A Coruña

En xaneiro de 2023 existían 23 mulleres en Galicia co nome Comba, cunha media de idade de 18,7 anos.[3]

Historia

editar

Atribúeselle o significado de aquela que é o símbolo de paz propio do Antigo Testamento ou Aquela que é símbolo da reconciliación propio do Espírito Santo.

Santa Comba é unha santa das máis veneradas en Galicia, patroa de multitude de parroquias (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Comba).

Variante noutras linguas

editar
Equivalencias noutras linguas
Lingua Tradución Lingua Tradución
Catalán Coloma Francés Colombe
Italiano Colomba Inglés Colum, Colm, Columba
Éuscaro Uxue español Paloma, Columba

Persoeiros

editar

Varios persoeiros levan o nome de Comba, Columba, ou Paloma:

Figuras relixiosas

editar

Outros

editar
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Comba na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar