Paloma Gómez Borrero
María Paloma Gómez Borrero, nada en Madrid o 18 de agosto de 1934 e finada na mesma cidade o 24 de marzo de 2017, foi unha xornalista e escritora española.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1934 Madrid, España |
Morte | 23 de marzo de 2017 (82 anos) Madrid, España |
Causa da morte | cancro de fígado |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Alberto de Marchís |
Fillos | Ranieri, Carlo e Giorgio |
Premios | |
Traxectoria
editarDescendente, por liña materna, de Juan Álvarez Mendizábal. O seu avó materno, o xeneral Borrero, tivo un destacado papel nas tropas isabelinas durante as Guerras Carlistas. Graduouse na Escola Oficial de Xornalismo e traballou como enviada especial do semanario Sábado Gráfico en Alemaña, Austria e o Reino Unido. Estudou quiromancia aplicada á psicoloxía.
Durante doce anos foi correspondente de TVE en Italia e o Vaticano,[1] sendo a primeira muller correspondente no estranxeiro da televisión nacional.[2][3] Foi destituída do cargo en 1983 por decisión persoal do entón director de RTVE, José María Calviño. Foi destituída do cargo en 1983 por decisión persoal do entón director de RTVE, José María Calviño.
Con posterioridade colaborou en boa parte dos magazines que conduciu María Teresa Campos: Pasa la vida (1991-1996) en TVE; Día a día (1996-2004) en Telecinco e Cada día (2004-2005), en Antena 3. Así mesmo, foi correspondente de Venevisión (Venezuela) e do Noticiero TV Hoxe (Colombia). Entre agosto de 2007 e 2012 colaborou no programa de Telecinco La Noria, presentado por Jordi González.
Ata xuño de 2012 foi correspondente da cadea COPE desde Roma e o Vaticano, poñendo os comentarios de todos os eventos relixiosos da Igrexa católica que retransmiten Cadena Cope e Popular TV. Desde esa data foi colaboradora desde Roma para o programa Ventana al mundo da Radio para Latinoamérica (Estados Unidos) neses dous países e foi un ano correspondente en Italia de Es Radio.
O 15 de agosto de 2013 plantou e amadriñou unha árbore co seu nome no Parque da Comunicación de Boiro, o único de España creado por xornalistas.
Pregoou dúas prestixiosas Semanas Santas españolas: a de Valladolid en 2000 e a de Cuenca en 2014.
O 12 de outubro de 2014 estreou en Toledo o recital Teresa. Una castellana vieja y recia, xunto ao barítono Luis Santana e o pianista Antonio López, que será protagonista dos actos do V Centenario de Santa Tareixa de Xesús, interpretándose ao longo do Ano Teresiano por máis de setenta espazos relacionados coa poetisa. O concerto está baseado en música composta por Francisco Palazón, Ángel Barja, Amadeo Vives, Juan del Encina, Federico Mompou ou Ernesto Monsalve.[4][5]
Colaborou en numerosos medios de comunicación españois como TVE, Telemadrid, 13TV, Alfa y Omega ou COPE. Tiña un amplo coñecemento da Santa Sé, e realizou todas as viaxes do papa polo mundo. Acompañou a Xoán Paulo II nas súas 104 viaxes (5 delas a España) visitando 160 países.
Faleceu o venres 24 de marzo de 2017 aos 82 anos de idade tras padecer un cancro que lle fora diagnosticado un mes antes.[6]
Libros
editarPaloma escribiu un total de 16 libros, a maioría deles relacionados coa súa vida como correspondente en Roma e no Vaticano:
- Huracán Wojtyla
- Abuela, háblame del Papa
- Juan Pablo, amigo
- Adiós, Juan Pablo, amigo
- Dos Papas, una familia
- La Alegría
- A vista de Paloma
- Caminando por Roma
- Los fantasmas de Roma
- Los fantasmas de Italia
- Una guía del viajero para el jubileo
- De Benedicto a Francisco. El cónclave del cambio
- El Libro de la pasta
- Pasta, pizza y mucho más
- Comiendo con Paloma Gómez Borrero
- Cocina sin sal o Nutrición infantil
Premios
editar- Premio Europeo do Concello de Roma (1974).
- Premio á Profesionalidade outorgado pola cobertura realizada do Conclave e pola Información do asasinato de Aldo Moro (1978).
- Premio Calabria, outorgado polo mesmo Presidente da República a un correspondente estranxeiro en Italia (1980).
- Premio Adelaide Ristori a 12 mulleres destacadas nas súas respectivas profesións (1991).
- Premio Pluma de la Paz dos Mensaxeiros da Paz (1991).
- Premio Llama Rotaria 9712 do Club Rotary de Valencia (1997).
- Cruz da Orde de Isabel a Católica, concedida polo rei Juan Carlos I o 12 de xullo de 1999.
- Premio Rodríguez Santamaría da Asociación da Prensa de Madrid (2001).
- Dama da Orde de San Gregorio Magno concedida polo papa Xoán Paulo II o 13 de xullo de 2002.
- Cruz de Prata da Agrupación Española de Fomento Europeo (2002).
- Premio Bravo Especial á traxectoria exemplar de toda unha vida, concedido pola Conferencia Episcopal (2010).
- Premio Iris Toda una Vida, outorgado pola Academia de Televisión (2016).
Notas
editar- ↑ www.larazon.es (ed.). "Falece Paloma Gómez Borrero, a popular correspondente en Roma". Consultado o 2017-03-25.
- ↑ Molpeceres, Jesús (22 de setembro de 1969). Teleradio, ed. Cita "en la cumbre" de la actualidad mundial. La única mujer. p. 11.
- ↑ "La Noche del Telediario, La noche de... - RTVE.es A la Carta". 2014-03-13. Consultado o 2017-03-25.
- ↑ "Concierto - recital: "Teresa, una castellana vieja y recia"". cultura.jcyl.es (en castelán). Consultado o 2022-04-25.
- ↑ Estrea de "Una castellana vieja y recia" en Alba de Tormes, no sepulcro de Santa Tareixa
- ↑ País, Ediciones El (2017-03-24). "Muere la periodista Paloma Gómez Borrero a los 82 años". EL PAÍS. Consultado o 2017-03-24.