Abrir o menú principal

Paloma Lago, nada en Ferrol, o 22 de maio de 1967, é unha modelo e presentadora de televisión galega.

Paloma Lago
Nome completoPaloma Lago
Nacemento22 de maio de 1967 (52 anos)
LugarFerrolGalicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz, modelo e presentadora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1985 trasládase a vivir a Madrid, onde estuda deseño e moda, e cedo atopa a posibilidade de traballar como modelo, da man da Axencia International Booking. En 1990 debuta como presentadora de televisión no programa Tele 5 ¿dígame? (1990-1992), primeiro con Laura Valenzuela e Javier Basilio e na súa derradeira tempada con Andrés Aberasturi. Ese mesmo ano aparece tamén np programa Tutti Frutti, da mesma cadea.

En 1993 conduce o concurso Los cinco sentidos, en Antena 3, con dirección de Julia Otero e catro anos máis tarde Risas y estrellas (1997-1999) en TVE con Pedro Rollán na primera tempada e máis tarde con José Luis Moreno e Loreto Valverde.

Entre 1999 e 2002 convértese en presentadora de programas infantís, cando Televisión Española lle encarga porse á fronte do espazo TPH Club. En 2000 faise cargo tamén de Eurocanción, programa deseñado para elixir os participantes españois no Festival de Eurovisión.

Os anos 2000, 2001 e 2002 se encarga de presentar o Navideño espazo de TVE Telepasión xunto a Carlos Lozano. Ao término deses mesmos anos compartiría plano xunto a Ramón García nas badaladas de Noitevella. Máis tarde, en 2004, presenta o espazo musical El verano ya llegó, xunto a Miguel Ángel Tobías.

Tamén fixo as súas incursións na interpretación, intervindo na serie Compuesta y sin novio (1994), con Lina Morgan e a película Cuernos de mujer (1995), de Enrique Urbizu, con María Barranco.

En 2006 participou como concursante no programa de monólogos El Club de Flo, en La Sexta.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar