Columbinae
Columbinae Columbinos | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Columba livia | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos columbinos (Columbinae) é unha subfamilia de aves pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, e orde das columbiformes.
De distribución mundial, é a subfamilia que inclúe a maior cantidade de xéneros da familia.
Taxonomía
editarDescrición
editarA subfamilia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach, na súa obra Synopsis of the Contents of the British Museum: Eleventh Room. 17th edition. Londres: British Museum.
Xéneros
editarA maioría dos autores recoñecen na subfamilia os xéneros seguintes:[1][2][3]
- Caloenas G. R. Gray, 1840
- Chalcophaps Gould, 1843
- Claravis Oberholser, 1899
- Columba Linnaeus, 1758
- Columbina Spix, 1825
- Ectopistes Swainson, 1827
- Gallicolumba Heck, 1849
- Geopelia Swainson, 1837
- Geophaps G. R. Gray, 1842
- Geotrygon Gosse, 1847
- Henicophaps G. R. Gray, 1862
- Leptotila Swainson, 1837
- Leucosarcia Gould, 1843
- Macropygia Swainson, 1837
- Metriopelia Bonaparte, 1855
- Microgoura Rothschild, 1904
- Ocyphaps G. R. Gray, 1842
- Oena Swainson, 1837
- Patagioenas Reichenbach, 1852
- Petrophassa Gould, 1841
- Phaps Selby, 1835
- Reinwardtoena Bonaparte, 1854
- Starnoenas Bonaparte, 1854
- Streptopelia Bonaparte, 1854
- Trugon G. R. Gray, 1849
- Turacoena Bonaparte, 1854
- Turtur Boddaert, 1783
- Uropelia Bonaparte, 1854
- Zenaida Bonaparte, 1854
Tamén se coñecen tres xéneros monotípicos:
- †Arenicolumba Steadman, 2008
- †Ectopistes Swainson, 1827
- †Microgoura Rothschild, 1904
Controversia taxonómica
editarPorén, algúns autores inclúen catro xéneros: Geotrygon, Leptotila, Starnoenas e Zenaida na subfamilia Leptotilinae, que para a maioría é a tribo dos Zenaididini.[4]
Historia
editarA pomba é unha das especies que parece ter evolucionado co home desde a prehistoria. É difícil coñecer a densidade da poboación colombina prehistórica, pero sabemos que a prima norteamericana da pomba europea, a pomba viaxeira, constituíu até o século XVIII grandes poboacións en América do Norte onde só era cazada ocasionalmente polos amerindios. Os seus voos ocultaban o sol, segundo os cronistas. Cando a súa caza, nos tempos da colonización do medio oeste estadounidense se desenvolveu rápida e facilmente, xa que era pouco temerosa do home, trens enteiros cheos de cadáveres de pombas salvaxes foron enviados ás grandes cidades, até a súa extinción relativamente brutal ao final do século XIX.
A pomba foi domesticada desde a prehistoria. Desde a antigüidade, os militares utilizárona para transmitiren mensaxes. Tamén se usaban desde esa época para a alimentación.
Notas
editar- ↑ Columbinae no ITIS.
- ↑ Gill F. & Donsker D. (eds.): Order Columbiformes. Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).
- ↑ Boyd, John: Columbidae: Doves, Pigeons.
- ↑ Banks, R. C. et al. (2013): "Classification of a clade of New World doves (Columbidae: Zenaidini)". Zootaxa 3669 (2): 184-188.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Columbinae |
Bibliografía
editar- del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1.
- Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.