Clara Corral

poeta galega
(Redirixido desde "Clara Corral Aller")

Clara Corral Aller, nada en Ourense o 8 de xuño de 1847 e finada na Coruña o 9 de febreiro de 1908, foi unha poeta galega.

Clara Corral
Clara Corral Aller.jpg
Nacemento8 de xuño de 1847
 Ourense
Falecemento9 de febreiro de 1908
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e autora
PaiDimas Corral Rebellón
IrmánsRita Corral Aller
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Tumba de Clara Corral no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Filla de Dimas Corral Rebellón. En 1852 trasladouse coa familia a Lugo. Orfa de pai e nai mudouse coas súa irmás Consuelo e Rita a Santiago de Compostela en 1868 e dedicouse ao seu labor literario. Consérvanse os seus poemas aparecidos na prensa da época, El Diario de Santiago, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1884 trasladouse a vivir á Coruña co seu irmán e a súa cuñada. En 1891 publicou A Herminia, dedicado á súa sobriña orfa, filla da súa irmá Rita,[1] que foi, igual ca ela, membro correspondente da Real Academia Galega, creada en 1906.[2]

En 1980 publicáronse Poesías en gallego y castellano. 1847-1908, en edición de Dimas Romero Vázquez.

ObraEditar

Clara Corral escribiu empregando o galego e o castelán:[3]

  • “Á una flor”, en Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, Lugo, Soto y Freire. 1866[1]
  • “Armonías”, en El Diario de Santiago, Santiago de Compostela. 1872-73[3]
  • “Mi ideal”, en El Diario de Santiago, Santiago de Compostela.
  • “Prismas”, en El Diario de Santiago, Santiago de Compostela. 1872-73
  • “Una tempestad”, en El Diario de Santiago, Santiago de Compostela. 1872-73
  • “Vendrá”, en El Diario de Santiago, Santiago de Compostela. 1872-73
  • “Una lágrima”, en La Revista Compostelana, Santiago de Compostela. 1876
  • “Lonxe vai miña alegría”, en La Ilustración Gallega y Asturiana, Madrid. 1879
  • “O ben na terra”, en La Ilustración Gallega y Asturiana, Madrid. 1879
  • “O día de San Antón”, en La Ilustración Gallega y Asturiana, Madrid. 1879
  • ”A Herminia”, Pontevedra. 1891[1]
  • ”Poesías en gallego y asturiano”, editor Dimas Romero Vázquez. 1980

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Los Corral Rebellón, saga de médicos y escritores oriunda de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-16. Consultado o 2021-02-22. 
  2. Membros correspondentes RAG.
  3. 3,0 3,1 Armas García, Celia (2008). Consello da Cultura Galega, ed. "Clara Corral Aller". Cultura Galega. Álbum de mulleres. Consultado o 2021-02-22. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar