Cinema quinqui

subxénero de cinema

Coñécese popularmente en España como cinema quinqui o xénero cinematográfico que narra as vivencias de delincuentes de estrato social moi baixo, sempre novos ou moi novos, que acadaron sona polos seus delitos.

Eloy de la Iglesia, un dos directores máis representativos do cinema quinqui

O xénero alcanzou o seu máximo esplendor a finais da década de 1970 e na de 1980, debido á grande inseguridade cidadá que vivía o país na época. Rodáronse numerosas películas e sagas, a gran maioría dirixidas por José Antonio de la Loma e Eloy de la Iglesia.[1]

Características editar

É moi frecuente que nestes filmes un delincuente habitual se converta en actor e se interprete a si mesmo ou a outro delincuente a quen coñece ou coñeceu, co fin de darlle maior realismo.

Moitas destas películas, biográficas ou pseudobiográficas, narran a vida dun certo delincuente, a súa contorna, as súas falcatruadas, a exclusión social sufrida ou as torturas sufridas en comisaría, entre outros. O delincuente, pertencente decote ao pobo caló ou á etnia moinante, adoita ser presentado como "nobre" e fiel a certos valores, como a lealdade grupal, o amor a unha muller ("arrebatada" en ocasións a un clan ou grupo social rival) ou a preocupación polo benestar da súa familia.

O tema central do cine quinqui é a delincuencia e a marxinalidade que a rodea, incluíndo o mundo da droga.[2] Son habituais as escenas de toxicómanos preparando doses de heroína, "xutándoa" (inxectándoa), drogados ou co "mono" (síndrome de abstinencia).

Nalgúns casos móstrase o protagonista en situacións en que delinque co obxectivo de axudar economicamente a súa familia.

Tamén é común ver escenas eróticas e mesmo explicitamente sexuais.[2]

Reflicte unha gran crítica social e ataca de xeito directo moitos estamentos sociais aos que se acusa de corrupción ou desigualdade: políticos, corpos policiais, clases adiñeiradas, consumismo etc.

Outro tema habitual é o roubo de coches e posteriores persecucións por estradas secundarias ou grandes cidades entre os quinquis e a Policía Nacional.

O argot utilizado nestas películas pretende imitar o habitual de barrios humildes, de ambientes delituosos, así como algunhas palabras do caló.

Un dos personaxes máis famosos foi Juan José Moreno Cuenca, El Vaquilla, (1961-2003), de quen se fixo unha película biográfica.

Películas de cine quinqui editar

Dentro do cine quinqui houbo varios directores. Porén, destaca a filmografía de José Antonio de la Loma (1924-2004), considerado o pai do xénero, e Eloy de la Iglesia (1944-2006).[3]

Filmografía de José Antonio de la Loma editar

Filmografía de Eloy de la Iglesia editar

Filmografía doutros directores editar

Outras películas editar

Referencias ao mundo quinqui editar

Actores do cine quinqui editar

 
Sonia Martínez

Cantantes relacionados co cine quinqui editar

Libros sobre cine quinqui editar

  • Quinquis dels 80: cinema, premsa i carrer (Amanda Cuesta e Mery Cuesta). CCCB - Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (2009).
  • Quinquis, maderos y picoletos (Juan A. Ríos Carratalá). Ed. Renacimiento (2014).
  • Fuera de la ley (Roberto Robles Valencia e outros). Ed. Constelaciones (2015).
  • Goma-2: El cine explosivo de José Antonio de la Loma (Javier Ikaz). Ed. Applehead (2017).
  • Lejos de aquí (Eduardo Fuembuena). Uno Editorial (2017).
  • Cine quinqui: retrato de una sociedad a través de la música (Poochyeeh). Ed. Inflamavle (2020).
  • The Spanish quinqui film: Delinquency, sound, sensation (Tom Whittaker). Manchester University Press (2020).
  • Lejos de aquí, La verdadera historia de Eloy de la Iglesia y Jose Manzano (Eduardo Fuembuena). Autoedición (2021).

Notas editar

  1. ABC (19 de novembro de 2013). "Manel se pasan al cine quinqui de los setenta en su último videoclip". El Mundo. Consultado o 4 de maio de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Europa Press (8 de xullo de 2010). "Madrid acoge una exposición del cine 'quinqui' de los años 80". Estamos Rodando. Consultado o 4 de maio de 2014. 
  3. Jiménez, Pepo (abril de 2012). "Chocolate, lechugas y cine quinqui". Jotdown. Consultado o 4 de maio de 2014. 
  4. Moltó, Daniel (31 de marzo de 2012). "El cine 'quinqui' renace en los barrios de Alicante". El Mundo. Consultado o 4 de maio de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar