Christopher Pallas
Christopher Pallas Lorenzo, nado en Xenebra o 19 de xaneiro de 1987, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu club actual é o Arzúa, da Terceira División RFEF.
Cristofer Pallas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Cristofer Pallas Lorenzo | ||
Nacemento | 19 de xaneiro de 1987 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Xenebra | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Betanzos | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
Cultural Leonesa | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2007 | Bergantiños | ||
2007–2013 | Cerceda | ||
2013–2020 | Bergantiños | 217 | (0) |
2020–2021 | Betanzos | 0 | (0) |
2021 | Vista Alegre-Estudiantil | 23 | (0) |
2021– | Arzúa | 18 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de febreiro de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Naceu na cidade suíza de Xenebra, sendo seu pai de Cerceda e súa nai de Carballo.[1] Tras instalarse a familia en Carballo, criouse futbolisticamente na canteira do Bergantiños FC, pasando logo polos equipos xuvenís do Montañeros e a Cultural Leonesa.[2] Xogou despois varios anos no Cerceda, onde gañou a titularidade e onde se converteu nun dos mellores porteiros da Terceira División, disputando ata catro fases de ascenso a Segunda División B.[3]
Na tempada 2013/14 volveu ao Bergantiños, naquel momento en Preferente, e tras lograr o ascenso ese mesmo ano, xogou seis tempadas máis co club carballés en Terceira División, exercendo como capitán e disputando outras tres fases de ascenso a 2ª B e unha histórica eliminatoria de Copa do Rei fronte ao Sevilla no estadio de Riazor.[3][4][5]
En agosto de 2020, despois de non ser renovado polo Bergantiños, fichou polo Betanzos CF.[6]
NotasEditar
- ↑ DiarioDeportivo.Gal (11 de xuño de 2020). Entrevista a Christopher Pallas (Youtube).
- ↑ "Cristopher: "Tenía mucho miedo porque no me podía mover"" (en castelán). 5 de novembro de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Triste y amarga despedida a Christopher" (en castelán). 10 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ "El Sevilla aguanta el chaparrón y pasa con un gol de Koundé ante el Bergantiños". Marca (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ "Cristopher refuerza la portería". DxT Campeón (en castelán). 7 de agosto de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ "Christopher nuevo jugador del Betanzos CF" (en castelán). 6 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Datos do xogador en futbolme.com (en castelán) .
- Datos do xogador en resultados-futbol.com Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán) .
- Datos do xogador en lapreferente.com (en castelán).