Chris Van Allsburg
Chris Van Allsburg, nado o 18 de xuño de 1949 en Grand Rapids, Míchigan, é un escritor e ilustrador estadounidense especializado en literatura infantil. É mundialmente coñecido por ser o autor dos bestsellers The Polar Express, Jumanji e Zathura, os tres adaptados para o cine.[1]
Chris Van Allsburg | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xuño de 1949 |
Lugar de nacemento | Grand Rapids |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Míchigan, Escola de Design de Rhode Island e East Grand Rapids High School |
Ocupación | escritor, novelista, escritor de literatura infantil, guionista, escritor de ciencia ficción, concept artist e ilustrador |
Coñecido por | Jumanji, The Polar Express, Zathura, The Garden of Abdul Gasazi e The Mysteries of Harris Burdick |
Premios | Medalha Caldecott e Regina Medal |
Na rede | |
http://www.chrisvanallsburg.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
FormaciónEditar
Chris estudou na Escola de Artes da Universidade de Míchigan e obtivo o seu máster na Escola de Deseño de Rhode Island (RISD).
Vida persoalEditar
Chris Van Allsburg vive en Providence, Rhode Island, coa súa muller Lisa e dúas fillas; Sofía e Ana.
CarreiraEditar
Converteuse nun premiado autor de libros infantís, xa no seu primeiro libro, The Garden of Abdul Gasazi, que en 1980 recibiu a Medalla de Honra Caldecott, o mesmo aconteceu en 1982 e 1985, con Jumanji e The Polar Express, respectivamente.
ObraEditar
Os seus libros adoitan traer como temática eventos fantásticos, descontrolados e ás veces empregando a crúa ironía. Allsburg escapa do lado inocente e cómodo da literatura infantil e explora o lado máis escuro da natureza humana. Un bo exemplo diso está no seu libro The Sweetest Fig (O figo máis doce), cuxo tema é a historia dun home moi egoísta que de súpeto consegue facer realidade os seus desexos máis salvaxes. A súa cobiza acaba sendo a causa da súa caída -o que non é unha lección moral infrecuente, nos libros infantís-, pero Allsburg consegue dar unha frialdade na caracterización do personaxe que imprime un ton aterrador á narración.
En The Wretched Stone, toda a tripulación dun barco está hipnotizada e controlada pola pedra do título, unha alegoría cruel sobre o efecto negativo da televisión.
O seu tema tamén inclúe os soños, os suburbios ou obxectos que teñen vida propia (como os xogos de mesa de Jumanji e Zathura). Unha presenza constante nos seus libros é Fritz o can.
Libros e ilustraciónsEditar
Varios dos seus libros foron traducidos ao portugués e ao castelán. É coñecido principalmente polas versións cinematográficas da súa obra. Allsburg escribiu ou ilustrou os seguintes libros:
Nome | Escrito por el | Ilustrado por el | Adaptación cinematográfica |
---|---|---|---|
Bad Day at Riverbend | |||
Ben's Dream | |||
The Garden of Abdul Gasazi | |||
Jumanji | |||
Just a Dream | |||
The Mysteries of Harris Burdick | |||
The Polar Express | |||
The Stranger | |||
Swan Lake | |||
The Sweetest Fig | |||
Two Bad Ants | |||
The Wreck of the Zephyr | |||
The Wretched Stone | |||
The Widow's Broom | |||
The Z Was Zapped | |||
Zathura |
- Nota: The Mysteries of Harris Burdick, unha colección de libros de Allsburg na que unha páxina contén unha ilustración e a seguinte ten unha frase, supostamente recuperada dunha obra máis grande, está inspirada en Nightmares and Dreamscapes de Stephen King.
- Allsburg tamén foi o ilustrador dalgúns números da serie The Chronicles of Narnia de C. S. Lewis.
NotasEditar
- ↑ Resenha, Livro infantil. "Momentum Saga" (en portugués). Consultado o 2023-01-05.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chris Van Allsburg |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
- Animación
- Animación por ordenador
- Guión
- Ilustración (deseño gráfico)
- Literatura infantil
- Literatura infantil e xuvenil