The Chronicles of Narnia

heptaloxía literaria de C. S. Lewis

The Chronicles of Narnia é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas polo británico C. S. Lewis. Ilustradas por Pauline Baynes e publicadas orixinalmente entre 1950 e 1956, a serie de The Chronicles of Narnia adaptouse para radio, televisión, teatro, cinema e mesmo videoxogos.

The Chronicles of Narnia
Título orixinalThe Chronicles of Narnia
Autor/aC. S. Lewis
Ilustrador/aPauline Baynes
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónThe Chronicles of Narnia
Tema(s)Fantasía
Xénero(s)Fantasía, literatura infantil
Editorial Geoffrey Bles (libros 1–5)
The Bodley Head (libros 6 e 7)[1][2]
HarperCollins (actualmente a nivel mundial)
Data de pub. 16 de outubro de 19504 de setembro de 1956
editar datos en Wikidata ]

Ten lugar nun reino ficticio chamado Narnia, un mundo de fantasía e maxia cheo de criaturas mitolóxicas e animais que falan. Trata as aventuras de varios nenos e nenas que xogan un papel central na historia de Narnia. Agás en The Horse and His Boy, os protagonistas son sempre nenos do mundo real que son transportados maxicamente a Narnia, onde deben loitar contra o mal por petición do león Aslan. Os libros recollen a historia enteira de Narnia, dende a súa creación en The Magician's Nephew até a súa destrución en The Last Battle.

A serie de The Chronicles of Narnia considérase un clásico da literatura infantil e é a obra máis vendida de C. S. Lewis, con arredor de 100 millóns de copias en 47 linguas.[3][4][5]

Libros editar

Orde de lectura editar

Os admiradores da serie adoitan ter diferentes opinións sobre a orde na que se deberían ler os libros. O problema atópase no lugar que ocupan The Magician's Nephew e The Horse and His Boy na serie. Ambos os dous recollen acontecementos que teñen lugar moito antes dentro da cronoloxía de Narnia do que lles correspondería por orde de publicación, rompendo a liña narrativa dos outros libros. A orde de lectura dos outros cinco libros non xera discusión.

Libro Ano de publicación Cronoloxía interna[7]
Ano na Terra Anos en Narnia
The Lion, the Witch and the Wardrobe 1950 1940 1000–1015
Prince Caspian: The Return to Narnia 1951 1941 2303
The Voyage of the Dawn Treader 1952 Verán de 1942 2306–2307
The Silver Chair 1953 Outono de 1942 2356
The Horse and His Boy 1954 [1940] 1014
The Magician's Nephew 1955 1900 1
The Last Battle 1956 1949 2555

Adaptacións editar

Debuxos animados
  • 1979: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Dirixida por Bill Meléndez.
Series de televisión
  • 1988: BBC's The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch, and the Wardrobe. Dirixida por Marylin Fox.
  • 1989: BBC's The Chronicles of Narnia: Prince Caspian and The Voyage of the Dawn Treader. Dirixida por Alex Kirby.
  • 1990: BBC's The Chronicles of Narnia: The Silver Chair. Dirixida por Alex Kirby.
Serie de filmes

Notas editar

  1. Schakel 1979.
  2. Ford 2005.
  3. Kelly, Clint (2006). "Dear Mr. Lewis". Response 29 (1). Consultado o 22 de setembro de 2008. 
  4. Guthmann, Edward (11 de decembro de 2005). "'Narnia' tries to cash in on dual audience". San Francisco Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 22 de setembro de 2008. 
  5. GoodKnight, Glen H. (3 de agosto de 2010). "Narnia Editions & Translations". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2011. Consultado o 6 de setembro de 2010. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Green & Hooper 2002.
  7. Hooper, Walter (1979). "Outline of Narnian history so far as it is known". En Macmillan Publishing Co. Past Watchful Dragons: The Narnian Chronicles of C. S. Lewis. Nova York. pp. 41–44. ISBN 0-02-051970-2. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar