Chocó
Chocó é un dos trinta e dous departamentos de Colombia, que se atopa no noroeste do país, na rexión natural do Pacífico. Abrangue as selvas do Darién e os leitos dos ríos Atrato e San Juan. A súa capital é a cidade de Quibdó.
Departamento de Chocó (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Capital | Quibdó | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 544.767 (2021) (11,71 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua emberá setentrional Lingua baudó Lingua catío Lingua chamí Lingua wounaan Lingua emberá-tadó Border Kuna (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46.530 km² | ||||
Altitude | 167 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 3 de novembro de 1947 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the governor of Chocó department (en) | ||||
Órgano lexislativo | departmental assembly of Chocó (en) Circunscrición: 0, (Escano: 11) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CO-CHO | ||||
Sitio web | choco.gov.co |
É o único departamento de Colombia con costas nos océanos Pacífico e Atlántico. É tamén o único departamento con fronteira con Panamá. Nel atópase a ecorrexión que probablemente teña a maior pluviosidade do planeta.[1] A grandes trazos, comprende a metade norte do litoral colombiano no océano Pacífico.
É posible que a orixe do nome veña do aimará "choque" que significa "ouro".[2]
Historia
editarDurante a época precolombiana o territorio está habitado polos pobos guna ou tule no golfo de Urabá e o baixo Atrato; os wounaan ou noanamaes no San Juan e os emberás, Baudoes ou Citararaes do Alto Atrato e o Baudó.[3]
En 1501, Rodrigo de Bastidas explora o territorio e Martín Fernández de Enciso fai a primeira fundación dunha cidade europea no continente americano: Santa María la Antigua del Darién en 1510. A cidade foi abandonada en 1524 por liortas entre os conquistadores e os kunas. O 25 de setembro de 1513 os europeos descobren o océano Pacífico e chámanlle Mar do Sur. Os españois realizan en América o comercio de escravos africanos. En 1728 Barule, un escravo, liderou unha grande insurrección en Chocó xunto aos irmáns Antonio e Mateo Mina. Estes insurrectos fundan o Palenque de Tadó onde Barule é proclamado rei. Fórmano 120 cimarróns. O 18 de febreiro de 1728 ten lugar a batalla entre o exército realista e os cimarróns e vencidos estes últimos, Barule e os irmáns Mina son fusilados polo tenente Tres Palacios Mier. En 1795 Agustina, unha escrava abusada polo escravista Miguel Gómez quen quería facela abortar, denúnciao ante o xuíz Álvarez Pino quen falla en contra dela.[4]
En resposta, ela queima varias facendas do que hoxe é o municipio de Tadó. O grito de independencia na entón provincia del Chocó deuse o 2 de febreiro de 1813.
En 1867 nace el poeta, pedagogo e dirixente chocoano Manuel Saturio Valencia.
Historicamente o territorio de Panamá ocupaba o norte do Chocó colombiano até o golfo de Urabá, baixo a xurisdición da provincia do Darién. Panamá reclamou ditos territorios tras a súa separación de Colombia en 1903, especialmente coa ocupación militar en 1908 de Juradó por parte do exército colombiano, localidade que historicamente Panamá considerou como súa. Coa firma do Tratado Victoria-Vélez, acordouse o establecemento da fronteira coa lei de 9 de xuño de 1855 que marcaba os límites entre os estados do Cauca e Panamá.[5]
A historia republicana do Chocó comezaría propiamente en 1906 cando é creada a Intendencia do Chocó, desprendéndoa do Cauca e unindo as provincias de San Juan e Atrato.[3]
En 1907 nace en Neguá Diego Luis Córdoba, quen sería o primeiro avogado chocoano defensor dos dereitos humanos dos sectores desprotexidos e marxinados, especialmente as comunidades negras, as clases obreiras e campesiñas. Carismático líder que loitou pola creación do Departamento del Chocó, o recoñecemento real do dereito á educación das comunidades negras e a súa valoración na sociedade colombiana. Nese mesmo ano, o 6 de maio en Quibdó, é fusilado Manuel Saturio Valencia (o último colombiano sentenciado a pena de morte no país), acusado de atentar contra os intereses da sociedade branca chocoana.[4] En 1930 Diego Luis Córdoba organiza a Xuventude Liberal Universitaria. En 1947 créase o Departamento del Chocó con capital na cidade de Quibdó. En 1948 nace Amir Smith Córdoba no correxemento de Cértegui, quen sería un importante home da defensa dos dereitos e a identidade cultural dos negros colombianos.
Córdoba foi sociólogo e periodista, e colaborou en publicacións nacionais e internacionais; foi fundador do Centro de Investigacións para o Desenvolvemento da Cultura Negra en Colombia. Diego Luis Córdoba morreu en 1964 en Cidade de México, e cóntase como un dos colombianos máis importantes do século XX na loita pola defensa dos dereitos humanos das comunidades negras, obreiras e campesiñas.[4]
Entre os personaxes ilustres da rexión no eido periodístico chocoano encóntrase Primo Guerrero, quen foi defensor das comunidades máis desfavorecidas, loitador contra a corrupción política na década dos anos 40 do pasado século e firme defensor dos dereitos das comunidades afrocolombianas. Primo Guerrero foi un destacado xornalista fundador en 1940 do periódico En Guardia e compañeiro de Gabriel García Márquez, no diario bogotano El Espectador (1954), onde García Márquez desempeñaba o seu labor como reporteiro e crítico de cine.
En 1977, créase o parque nacional de Los Katíos, unido ao parque nacional Darién de Panamá como parque binacional.
En 1993, créase a Corporación Autónoma Rexional para o Desenvolvemento Sustentable do Chocó. O 13 de agosto de 2003 morre Amir Smith Córdoba. Entre o 20 - 29 de marzo de 2004 por vez primeira na historia 1200 indíxenas dos lugares de Playita, Egoróquera e Unión Baquiaza, do río Opogodó e outros sectores, vense obrigados a fuxir das súas terra a causa de cruentos enfrontamentos entre as FARC e as AUC.
Notas
editar- ↑ "Choco Darien moist forest". Encyclopedia of the earth (en inglés). 3 de abril de 2007. Consultado o 31 de maio de 2007.
- ↑ cervantesvirtual.com (ed.). "Las leyendas geográficas del Perú de los Incas". Consultado o 22 de novembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Chocó en la cartografía histórica: de territorio incierto a departamento de un país llamado Colombia". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Información general del Chocó". Gobernación del departamento. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 1 de xullo de 2015.
- ↑ Crónicas para una historia del Reconocimiento de Nuestra Independencia - Revista Lotería - Panamá -1977
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)