Os emberá, tamén coñecidos na literatura histórica como chocó ou katío son un pobo indíxena de Colombia e Panamá. Na lingua emberá, a verba ẽberá pode empregarse para referirse a persoa, home ou indíxena, dependendo do contexto no que se empregue. Hai arredor de 33 000 emberá vivindo en Panamá e uns 56 504 en Colombia.

Pobo emberá
Mulleres emberá.
Poboación
Poboación total:
c  89 000
Rexións principais:
Colombia56 504 (censo de 2018)[1]
Panamá~33 000[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua emberá e castelán
RelixiónJaí, evanxelismo
Grupos
relacionados
Wounan

Lingua editar

Artigo principal: Lingua emberá.

A lingua emberá ou ẽberá bedéa, non é unha lingua única senón un grupo lingüístico mutuamente intelixible que se fala a través de Panamá e Colombia. Xunto coa lingua wounaan, son os dous únicos membros vivos da familia de linguas chocó e non están relacionadas con ningunha outra familia de América Central ou América do Sur, malia que no pasado se propuxeron relacións coas linguas caribes, coas linguas arauacas e coas linguas chibchas.[3]

Notas editar

  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. "Instituto Nacional de Estadistica y Censo - Panamá". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  3. Mortensen, Charles A. (1999). A Reference Grammar of the Northern Embera Languages. SIL International and The University of Texas at Arlington. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar