Chan da Arquiña
O túmulo e cámara megalítica de Chan da Arquiña é un dos monumentos deste tipo máis importantes da provincia de Pontevedra. Sitúase no concello de Moaña, na parroquia de San Pedro de Domaio.
Descrición
editarO monumento está formado por un túmulo de case trinta metros de diámetro, no que sobresae na súa parte superior unha cámara megalítica ou dolmen de corredor. Foi escavada e restaurada nos anos 50 do século XX por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, que descubriu un enxoval numeroso e de moita calidade, actualmente conservado e parcialmente exposto no Museo de Pontevedra.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en virtude da resolución do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que ten a intención de protexer algúns dos megálitos coñecidos que conteñen arte rupestre.
O lugar onde se sitúa é unha chan ó pé do Faro Domaio, poboada dun agradable souto de castiñeiros. Este feito e a súa coidada restauración convérteno nun monumento megalítico privilexiado para a visita do gran público.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.
- Sobrino Lorenzo-Ruza, R. 1954-19555. "Excavación de una sepultura megalítica en Moraña, Península de Morrazo (Pontevedra)", Noticiario Arqueológico Hispánico, III-IV: pp. 27–36 (en castelán; "Moraña" é un erro por "Moaña", que aparece así no título orixinal).
- Sobrino Lorenzo-Ruza, R. 1956. "Prospecciones arqueológicas en Morrazo", El Museo de Pontevedra, 10: pp. 17–22 (en castelán).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Chan da Arquiña na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- "Dolmen Chan da Arquiña (Moaña)", artigo escrito por Javier Torres Goberna o 6 de decembro de 2012.