Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza
Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, nado en Poio o 3 de marzo de 1915 e finado o 3 de febreiro de 1959, foi un arqueólogo e aparellador galego, fillo de Ramón Sobrino Buhigas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1915 Poio, España |
Morte | 3 de febreiro de 1959 (43 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo , aparellador |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ramón Sobrino Buhigas |
Traxectoria editar
Criouse na parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. Dirixiu diversas escavacións arqueolóxicas, centrando a maior parte dos seus traballos na arte rupestre prehistórica galega e continuando, en certa maneira, os traballos do seu pai. Tamén son destacables as súas intervencións arqueolóxicas sobre monumentos megalíticos na península do Morrazo, como por exemplo na Chan da Arquiña.
Publicou os seus resultados en diversas revistas especializadas, entre as que destaca a do Museo de Pontevedra. Outros estudos seus son os seguintes:
- "Petroglifos e Laberintos", publicado no número 61 da Revista de Guimarães en 1951.
- "Origen de los petroglifos gallego-atlánticos", na revista Zephyrus de Salamanca en 1952.
- "Petroglifos prehistoricos europeos" publicado nas actas do Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas celebrado en Madrid (1954).
- "Datos para el estudio de los petroglifos de tipo atlántico" no III Congreso Nacional de Arqueoloxía (1955).
- "Bosquejo para un estudio de los petroglifos portugueses" na revista Caesaraugusta de Zaragoza (1957).
- "Petroglifos de la Comarca de Lalín" publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos (1957 e 1958).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Colectivo A Rula (2020). Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Memoria e legado dos petróglifos. Deputación da Coruña.