Coordenadas: 43°30′14.19″N 8°11′38.24″O / 43.5039417, -8.1939556

Cerámica Arzúa foi unha empresa galega xa desaparecida, con sede en Narón, adicada ao sector da construción.

Cerámica Arzúa S.A.
Cerámica Arzúa.
TipoSociedade Anónima
Fundación1946
LocalizaciónFreixeiro, Narón (A Coruña) Galicia Galiza
FundadorFamilia Arzúa
Persoas claveManuel Arzúa Núñez
IndustriaCerámica
ProdutosLadrillos, tellas
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

En 1935 Manuel Arzúa Villa, do Rosal, chega á Ares. Alí edificou unha vivenda e unhas construcións para facer olas e outros obxectos cerámicos para uso doméstico. Co tempo o negocio medrou e comezou a facer ladrillos e tellas.

A comezos da década de 1940 o seu fillo Manuel Arzúa Núñez montou un obradoiro en Castro (Narón), na estrada de Freixeiro a Valdoviño e Cedeira. Nesta zona de abundante material: Gadoi, O Feal, As Lagoas, Os Amenadás e As Forcadas o río Freixeiro. Comezou a fabricar o mesmo que na telleira de Ares. Nos anos 1950 e 1970 fabrican louza coa dirección de Isidoro Oliveira con formas galego-portuguesas.

En 1946 trasladaron os obradoiros a Freixeiro, onde pasaron dun forno de lume de leña e de carbón a un forno Hoffmann de 611 m³ por vapor, gas pobre ou electricidade.

A empresa tivo o seu mellor tempo na década de 1980 ao instalar un forno continuo en liña producindo material de construción para as obras da zona de Ferrol. Antes da paletización dos materiais de construción para a súa distribución a empresa empregaba camións MAN con remolques colectores desmontables. Os tixolos debían ser cargados a man nos camións e nas obras descargados tamén a man o que supoñía ter os camións parados. A empresa empregaba colectores remolque de cor laranxa que deixaba nas obras para os albaneis. Unha vez baleirados eran recollidos pola empresa. A crise enerxética, os altos custos da enerxía, os constantes melloras nos produtos, a paletización do material de construción que supoñía uns custos en maquinaria que fixeron da empresa non viable xunto coa entrada de material de construción doutros lugares de Galiza e ata de fóra de Galiza.

Os terreos que ocupaba a empresa, unha gran parcela entre O Alto do Castiñeiro e Freixeiro foron en parte expropiados para a construción da autovía e o resto ocupouse na construción dunha urbanización.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar