Cerámica Verea
Coordenadas: 43°03′57″N 8°12′04″O / 43.065847, -8.201144
Cerámica Verea é unha empresa galega do sector da cerámica con sede en Lanzá, Mesía.
Cerámica Verea | |
---|---|
Vista da empresa. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1968 |
Localización | Lanzá, s/n 15685 Mesía, A Coruña, Galiza |
Persoas clave | Luis Verea |
Industria | Cerámica |
Produtos | Tellas, chemineas, ladrillos, accesorios |
Beneficio | 8 millóns de € (2008) |
Número de empregados | 48 (2008)[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarCerámica Verea fundouse en Mesía en 1968. Na zona hai amplos xacementos de arxila que son explotados dende hai moito tempo. Na zona houbo outras empresas adicadas ao sector, principalmente na fabricación de ladrillos das cales só queda Campo Brick do grupo Campo e Cerámica Verea. Cerámica Verea é a última empresa do sector que fabrica tella en Galiza aínda que tamén fabrica e comercializa accesorios para a montaxe de tellados, ladrillos especiais e para hórreos, botelleiros cerámicos e chemineas.
Antigamente só fabricaban nos meses de verán pola imposibilidade de secar as tellas antes de cocelas. A mediados dos anos 1970 fabricaron un túnel de secado e comezaron a automatización do proceso de fabricación. En 1990 ampliaron a fábrica, a zona de almacenaxe da materia prima e a produción. Hoxe a empresa é unha das máis importantes do sector en España e vende os seus produtos nos Estados Unidos, Francia, Portugal, Porto Rico ou México[2]. A empresa fabrica 80 millóns de tellas ao ano[3].
Notas
editar- ↑ "Cerámica Verea patenta un sistema único en España para el montaje de cubiertas. La Voz de Galicia 24 de abril de 2008". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de maio de 2013.
- ↑ "Cerámica Verea acomete un investimento de 2.000 millóns para duplicar a súa produción. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 14/03/2016. Consultado o 12/05/2013.
- ↑ "Cerámica Verea no se pone techo y llevará sus tejas de Mesía a USA. El Corrego Gallego". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 12 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de Verea (en varias linguas)