Celestino Luís Crespo

mestre e escritor galego

Celestino Luís Crespo Crespo, nado en Betanzos en 1913 e finado na mesma vila en febreiro de 1965, foi un escritor galego.

Celestino Luís Crespo
Nacemento1913
 Betanzos
Falecemento1965
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestre, integrouse na vida cultural da posguerra compostelá formando parte do grupo dos "Catorce de Osebe", escritores, artistas e xornalistas en torno á figura de Aquilino Iglesia Alvariño. Foi o primeiro escritor que publicou un libro en galego en Galicia, Brétemas mariñás, trala guerra civil (1946). Escribiu dúas obras máis Estampas brigantinas e Agarimos que non chegaron a se publicar. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Noche.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar