Tipicamente, o corpo dos moluscos está formado pola cabeza e o tronco, no que se distingue unha masa visceral no dorso e un en posición ventral. Os tegumentos que revisten dorsalmente a masa visceral, máis ou menos sobesaínte, que contén os órganos internos, forman unha membrana, denominada manto ou palio, que pode segregar unha cuncha calcaria.[1][2]

Cavidade paleal dos moluscos

editar
 
Pleurobranchaea meckelii mostrando o ctenidio.

A cavidade paleal ou cavidade do manto é unha cámara que se forma pola expansión laminar do manto repregada interiormente e que circunda todo o animal para adherirse ao pé orixinando unha canle denominada suco paleal, situada na parte posterior do corpo (da parte anterior deste suco sobresae, cando está presente, a cabeza).[1][3]

Na cavidade paleal desembocan os nefridios, os gonóporos e o ano (cuxos órganos correspondentes están aloxados no saco visceral. Así mesmo, é onde se aloxan os osfradios (órganos quimiorreceptores).

Pero a función máis importante da cavidade paleal é a de ser a sede dos intercambios respiratorios, xa que contén as branquias, aquí chamadas ctenidios, órganos constituídos por un septo axil sobre o que se insiren unhas lamelas transversais (a xeito de peite, de aí o seu nome) que se alternan a dereita e esquerda. Nos escafópodos e nos gasterópodos pulmonados terrestres faltan os ctenidios e, daquela, a cavidade do manto fuciona directamente como órgano respiratorio.[1]

Bivalvos e cefalópodos

editar

A circulación da auga permite achegar o oxíxeno para a respiración e a expulsión da urina e os gametos. A auga circula dentro da cavidade paleal grazás ás células ciliadas do manto nos bivalvos. Nos cefalópodos o manto que rodea a cavidade paleal está, á súa vez, rodeado de potentes músculos capaces de efectuaren contraccións repentinas e sincrónicas que expulsan a auga a presión.

Gasterópodos terrestres

editar

Nos gasterópodos terrestres (como os caracois), a cavidade paleal está en contacto co exterior a través dun orificio estreito, chamado pneumostoma, que permite evitar a deshidratación. A superficie interna da cavidade paleal está moi vascularizada e o intercambio gasoso hematose prodúcese a través do epitelioe, e músculos moi potentes permiten a ventilación, de maneira que actúa aquí a cavidade paleal actúa como un pulmón. (Non é un órgano homólogo dos vertebrados terrestres).[4][5]

Outro tipo de cavidade paleal

editar

Nos braquiópodos existe unha cámara, tamén chamada ás veces cavidade paleal, onde se retrae o lofóforo, pero que non é homóloga da dos moluscos; de feito, braquiópodos e moluscos experimentaron unha sorprendente evolución converxente.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. pp. 248-251.
  2. Grassé, Pierre P. et al. (1976), p. 377.
  3. Grassé, Pierre P. et al. (1976), p. 401.
  4. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid (etc.): McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  5. Grassé, Pierre P. et al. (1976), p. 416.
  6. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados, p. 300.

Véxase tamén

editar

Bibliogradía

editar
  • Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1. Invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4. "Moluscos", pp. 377–466.

VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones. "Moluscos", pp. 248–293.

Outros artigos

editar