A hematose é o proceso de intercambio de gases respiratorios (osíxeno e dióxido de carbono) nos animais. Este intercambio sempre é por difusión molecular, é dicir, a favor do gradiente.

O lugar onde ocorre a hematose determina o nome da respiración aerobia:

  • Se ocorre no tegumento, a respiración é respiración aerobia cutánea, propia de animais terrestres de ambiente húmido, como, por exemplo, nos vermes.
  • Se ocorre nas traqueas, a respiración é aerobia traqueal como, por exemplo, na respiración dos insectos.
  • Se ocorre nas branquias, a respiración é aerobia branquial, que predomina nos animais acuáticos.
  • Se ocorre na cloaca, a respiración é aerobia clocal, como é, por exemplo, a respiración das tartarugas.
  • Se ocorre nos pulmóns, a respiración é aerobia pulmonar, que é propia dos vertebrados terrestres.

Hematose pulmonar editar

Ocorre na barreira alvéolo-capilar dos alvéolos pulmonares. O oxíxeno molecular, O2, que está nos alvéolos pulmonares pasa ao sangue (aos glóbulos vermellos) para ser levado despois ás células do corpo, onde hai menor concentración de oxíxeno, mentres que e o dióxido de carbono, CO2, é expulsado polas células ao sangue, e posteriormente pasa aos alvéolos para ser expulsado na exhalación.

A efectividade da hematose está moi ligada ao que se coñece como relación ventilación perfusión, isto é, a relación entre o volume de aire que circula polos alvéolos e a cantidade de sangue que circula polos capilares pulmonares. Esta relación altérase en determinadas enfermidades e tamén polos cambios de posición corporal, o cal explica por que algunhas doenza respiratorias agrávanse ao colocar ao doente en decúbito supino (deitado sobre as costas) e melloran ao colocar ao paciente en posición de sentado.