Carnitas é un prato da cociña mexicana que se basea na carne de porco é orixinario do estado de Michoacán. Chámanse carnitas as diferentes partes do porco, incluíndo carne e miudanzas que son fritidas en manteiga de porco.[1] Poden ser usadas como recheo de tacos e burritos, ou consumidas acompañadas con guacamole e tortillas.[2]

Carnitas

Tacos feitos con carnitas.
Tipo Carne
Orixe Michoacán, México
Ingredientes
Orixe animal Carne de porco
Manteiga

Para a súa elaboración empréganse tixolas de cobre, fabricadas no estado de Michoacán, nunha localidade chamada Santa Clara del Cobre. En moitas tendas de tacos modernas, prepárase usando tixolas de aceiro inoxidable correntes.

Preparación editar

A forma tradicional de preparar as carnitas consiste en adubar a carne e as miudanzas de porco con sal e salitre do chile (nitrato de potasio), así como con outras especias. Segundo a persoa que prepara o prato, pode variar o adubo. Por exemplo, pódese adubar con herbas e especias como a pementa negra, allo, caldo de galiña, ademais de salgar moderadamente. Despois frítese a carne en manteiga de porco.

Cando se frite a carne, engádense varios líquidos como Coca-Cola, zume de laranxa, cervexa ou auga. Estes últimos ingredientes danlle ao prato un ton dourado característico.

Notas editar