Carballido, A Fonsagrada

parroquia civil do concello da Fonsagrada

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.

Carballido
ConcelloA Fonsagrada[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°14′03″N 7°08′22″O / 43.23422222, -7.13938889
Área30,79 km²
Poboación197 hab. (2019)
Densidade6,4 hab./km²
Entidades de poboación18[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Limita ao norte con Santo André de Logares e co concello da Pontenova, ao sur con Maderne e O Trobo, ao leste coa Veiga de Logares e ao oeste co concello de Ribeira de Piquín.

Está atravesada polo río Rodil, afluente do río Eo. A fraga de Carballido, con flora autóctona, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Carballido.[3][4][5]

Sociedade

editar

A economía da zona está baseada na agricultura e a gandaría de subsistencia. A densidade de poboación vai en descenso debido á emigración cara a cidades ou vilas maiores. Na parroquia existe un centro de educación primaria.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de Santa María foi construída en 1721. A capela de Vilar de Carballido consta dunha soa nave e un pórtico. Ten un pequeno altar e varias tallas.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Carballido

editar
Lugares da parroquia de Carballido no concello da Fonsagrada (Lugo)

A Burela | Carballido | A Graña | Gromaz | Lentomil | Llacín | A Pedreira | A Rebordela | Río de Sabugo | Sequeiro | A Torre | Torviso | Trevín | A Valiña das Ovellas | A Veiga dos Binteiros | Vilalba | Vilar de Calvos | O Vilar de Carballido

Parroquias da Fonsagrada

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  3. Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120006 - Carballido". Consultado o 24/8/2019. 
  5. "Natura 2000 Standard data form: Carballido". Consultado o 24/8/2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar