A Proba de Burón, A Fonsagrada

parroquia civil do concello da Fonsagrada

Santa María Magdalena da Proba de Burón é unha parroquia do concello lugués da Fonsagrada, na comarca homónima, situada a 3 km da capital municipal. Tiña 105 habitantes en 2018, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[1], 54 homes e 51 mulleres distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 7 habitantes respecto ao ano 2016, cando tiña 112 habitantes, e 42 menos ca en 2000. Entre os núcleos de poboación destaca O Chao, onde se atopa a igrexa parroquial.

A Proba de Burón
Vista A Proba de Burón.jpg
Vista da Proba de Burón.
ConcelloA Fonsagrada
ProvinciaLugo
Poboación105 hab. (2018)
Entidades de poboación5

No eclesiástico, ata 1954 formou parte do arciprestado de Burón, dentro da arquidiocese de Oviedo. Dende entón, pertence á diocese de Lugo.

EconomíaEditar

A gandaría é un dos principais traballos que desempeñan os habitantes da parroquia.

HistoriaEditar

 
Vista xeral sobre a torre do castelo de Altamira.

A Pobra de Burón foi dende a Idade Media capital do concello chamado Terras de Burón, que incluía os actuais municipios da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz, e mais algunhas aldeas de Asturias.

A mediados do século XV este territorio estaba en poder da casa de Trastámara, na figura de Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara a título hereditario. A carón do ano 1458 a súa muller, Inés de Guzmán, vende os dereitos administrativos e tributarios a Pedro Osorio de Villalobos, capitán irmandiño. Este casa con Urraca de Moscoso, pertencente á liñaxe de Altamira.[2]

Os veciños de Burón preitearon contra dona Urraca ao consideraren que lles gravaba demasiados impostos. A Real Chancelaría de Valladolid ditaría en 1490 a sentenza de que tiñan que pagar 12 000 marabedís anuais, facer servizos un día ao ano na fortaleza da Pobra de Burón, acudir á guerra cando foren solicitados e diversas doazóns de gando. Esta sentenza foi confirmada polos Reis Católicos nunha carta executoria. Por medio deste preito, dona Urraca tratou de resarcirse dos efectos da rebelión irmandiña (1467-1469), na que participaran uns 10 000 homes de Burón e de Navia ao mando do seu home Pedro Osorio de Villalobos e que destruíran a fortaleza que logo tiveron que reedificar.

No ano 1490 chegaron a estas terras as familias Montenegro e Páramo.[3]

Testemuñas e investigaciónsEditar

 
A Proba de Burón co río da Proba en primeiro plano.

O historiador Amor Meilán considera que de ser verdade a afirmación dalgúns eruditos verbo da participación de Juan Osorio, señor de Burón, en Covadonga a son de Paio de Asturias, esa sería a primeira referencia histórica sobre o municipio actual[4].

Segundo García de la Riega, na antiga comarca de Burón residiu o pobo dos abólgicos durante a época da cultura castrexa[3].

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da Proba de BurónEditar

Lugares da parroquia da Proba de Burón no concello da Fonsagrada (Lugo)

O Chao | A Cruz Nova | Milladoiro | A Proba de Burón | Trambasaugas

Parroquias da FonsagradaEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

NotasEditar

  1. "IGE. Nomenclátor de Galicia. A Fonsagrada". Instituto Galego de Estatística. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  2. "Genealogía del linaje Osorio s. XIV - XVI". www.xenealoxiasdoortegal.net. 
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  4. "Pobra de Burón, Santa María da | Concello de A Fonsagrada". web.archive.org. 2015-02-25. Consultado o 2020-01-07. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar