Abrir o menú principal

O Campionato Descentralizado é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa en Perú, organizado pola Asociación Deportiva de Fútbol Profesional, organismo que pertence á Federación Peruana de Fútbol. Recibe o nome de Copa Movistar por mor do seu patrocinador principal.

Campionato Descentralizado
Fundación1912
RexiónFlag of Peru.svg Perú
Equipos16
Actual campiónJuan Aurich (1º título)
Máis laureadoUniversitario (25)
Sitio webwww.fpf.com.pe

O torneo fundouse en 1912, e ate o ano 2011 lévanse disputadas 94 tempadas. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Club Universitario de Deportes (25 títulos), o Club Alianza Lima (22 títulos) e o Club Sporting Cristal (15 títulos), ámbolos 3 clubs da cidade de Lima. O primeiro campión foi o Lima Cricket FC, mentres que o campión actual é o CSDC Juan Aurich.

Dende 1912 ate 1965 foi un campionato no que só competían equipos da rexión de Lima e da veciña provincia de Callao. En 1966 foron convidados a competir na liga por vez primeira 4 equipos do resto do país, converténdose entón o "Campionato Peruano de Fútbol" no "Campionato Descentralizado de Fútbol Profesional". Entre os anos 1997 e 2008 o formato consistía en dous torneos, Apertura e Clausura, cunha final entre os dous gañadores (se era preciso) para definir cal era o campión. Dende 2009 o campionato consiste nunha liga de 16 equipos que disputan 30 xornadas, sendo campión o equipo que remata de líder na táboa clasificatoria trala derradeira xornada.

Os 3 primeiros clasificados na liga acadan o dereito a competir na Copa Libertadores do ano seguinte. Os seguintes 4 equipos da táboa acadan un posto para disputar a Copa Sudamericana do ano seguinte. Os 2 últimos equipos da clasificación perden a categoría.

Índice

Equipos 2012Editar

PalmarésEditar

Un equipo irrompeu recentemente con forza no palmarés do torneo peruano, o CD Universidad San Martín, con 3 títulos nos últimos 5 anos. Non obstante, o palmarés da liga segue a estar dominado polos 3 grandes clubs clásicos da cidade de Lima:

Nº de Títulos Equipo Campionatos obtidos
25 Universitario de Deportes 1929, 1934, 1939, 1941, 1945, 1946, 1949, 1959, 1960, 1964, 1966, 1967, 1969, 1971, 1974, 1982, 1985, 1987, 1990, 1992, 1993, 1998, 1999, 2000, 2009
22 Alianza Lima 1918, 1919, 1927, 1928, 1931, 1932, 1933, 1948, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1965, 1975, 1977, 1978, 1997, 2001, 2003, 2004, 2006
16 Sporting Cristal 1956, 1961, 1968, 1970, 1972, 1979, 1980, 1983, 1988, 1991, 1994, 1995, 1996, 2002, 2005, 2012
6   Sport Boys 1935, 1937, 1942, 1951, 1958, 1984
4 Deportivo Municipal 1938, 1940, 1943, 1950
3 Universidad San Martín 2007, 2008, 2010
2 Lima Cricket FB 1912, 1914
2 Sport José Gálvez 1915, 1916
2 Sport Progreso 1921, 1926
2   Atlético Chalaco 1930, 1947
2 Mariscal Sucre FBC 1944, 1953
2   Unión Huaral 1976, 1989
1 Jorge Chávez Nº1 1913
1 Sport Juan Bielovucic 1917
1 Centro Sport Inca 1920
1 Centro Iqueño 1957
1 Defensor Lima 1973
1   FBC Melgar 1981
1 Deportivo San Agustín 1986
1   CSDC Juan Aurich 2011

= Equipo desaparecido.

Véxase taménEditar