Call of Duty: World at War
Call of Duty: World at War é a quinta entrega principal da serie Call of Duty. Programado por Treyarch e distribuído por Activision, sitúanos na fronte xaponesa da segunda guerra mundial. World at War foi o retorno de Call of Duty a esta contenda tras Call of Duty 4: Modern Warfare. Comparte co seu predecesor o motor gráfico e diversos recursos técnicos. Foi lanzado en novembro de 2008 para Playstation 2, Playstation 3, Xbox 360, Wii e PC Windows. Posteriormente púxose á venda unha versión para Nintendo DS, que ao igual ca de PS2, difire en diversos aspectos. As versións de PS3, Xbox 360, PC e Wii céntranse en diversas batallas no Pacífico e da fronte oriental, nas que interveñen tropas da Alemaña Nazi, dos Estados Unidos, do Imperio Xaponés e da Unión Soviética. Ademais do modo dun xogador, inclúe un multixogador coperativo e un multixogador competitivo en liña, con varios modos de xogo. Parte das funcións en liña foron deseñadas por Certain Affinity.
Call of Duty: World at War | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Treyarch, Exakt Entertainment e Arkane Studios |
Distribuidora(s) | Activision Blizzard |
Compositor(es) | Sean Murray |
Lanzamento | 11 de novembro de 2008, 12 de novembro de 2008, 14 de novembro de 2008 e 26 de novembro de 2008 |
Xénero | videoxogo de disparos en primeira persoa |
Modos de xogo | videoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Wii, Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows e Windows Mobile |
Na rede | |
http://www.callofduty.com/codww | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarO xogo comenza en 1942, na illa de Makin, onde un grupo de prisioneiros norteamericanos están sendo torturados e mutilados por tropas nipoas. Parte dos soldados son rescatados e a acción salta a dous anos despois, á batalla de Peleliu. A continuación, sucédense varios saltos, que non corresponden coa liña temporal real. Así, o xogo incluía combates en Stalingrado, nas beiras do río Volga, e na propia Berlín.
Diferenzas de versións
editarAs versións de Xbox 360, Playstation 3 e PC Windows contan cun apartado técnico moi semellante e unha xogabilidade case igual. A versión de Wii prioriza o control sobre o apartado técnico. As versións de PS2 e Nintendo DS posúen uns gráficos menores, debido ás especificacións técnicas inferiores de ambas as dúas máquinas fronte ás primeiras. Ademais, difiren na liña argumental e escenarios presentes.
Recepción e crítica
editarEn xeral, foi ben acollido pola prensa e público, acadando un 85 para PS3 [1], un 83 para PC [2] e un 84 para Xbox 360 [3]
Vendas
editarA versión de Xbox 360 logrou vender máis de 6 millóns de copias [4]. A de PS3 superou os 3 millóns [5].
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=23992®ion=All
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=23993®ion=All