CD74
O CD74 (grupo ou cluster de diferenciación 74) ou cadea invariante (Ii), tamén chamado cadea gamma do antíxeno de histocompatibilidade HLA de clase II ou cadea invariante asociada a antíxenos HLA-DR é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CD74 do cromosoma 5.[1][2] A cadea invariante é un polipéptido que desempeña un papel esencial na presentación de antíxenos. Intervén na formación e transporte de complexos MHC de clase II-péptido para a xeración de respostas de células T CD4+.[3][4] A forma da superficie celular da cadea invariante coñécese como CD74. A CD74 é un receptor da superficie celular para a citocina factor inhibidor da migración de macrófagos (MIF).[5]
CD74 | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 5 q33.1 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Función
editarA proteína nacente MHC de clase II no retículo endoplasmático rugoso (RER) únese a un segmento da cadea invariante (Ii; un trímero) para dar forma á fenda para unión de péptidos e impedir a formación dunha conformación pechada.
A cadea invariante tamén facilita a exportación de MHC de clase II desde o RER nunha vesícula. O sinal para marcar o destino endosómico encóntrase na cola citoplasmática da cadea invariante. Esta fusiónase cun endosoma tardío que contén proteínas antixénicas endocitadas (pola vía exóxena). Unirse á cadea invariante asegura que ningún péptido antixénico da vía endóxena que se debía unir a moléculas MHC de clase I se una accidentalmente á fenda das moléculas do MHC de clase II.[6] A cadea invariante (Ii) é despois cortada pola catepsina S (catepsina L en células epiteliais tímicas corticais), deixando só un pequeno fragmento chamado CLIP que permanece unido á fenda das moléculas MHC de clase II. O resto da cadea invariante é degradado.[6] O CLIP bloquea a unión de péptidos ata que o HLA-DM interacciona co MHC de clase II, liberando a CLIP, o que permite que se unan outros péptidos. Nalgúns casos, CLIP disóciase sen ningunha interacción molecular máis, pero noutros casos a unión ao MHC é máis estable.[7]
O complexo estable MHC de clase II + antíxeno é despois presentado na superficie celular. Sen CLIP, os agregados de MHC de clase II desensámblanse e/ou desnaturalízanse nos endosomas e impídese unha correcta presentación do antíxeno.[8]
Importancia química
editarAdxuvante de vacinas
editarA molécula da cadea invariante Ii (fusionada cun vector viral a unha rexión conservada do xenoma do virus da hepatite C, HCV) foi probada como adxuvante para unha vacina do HCV nunha cohorte de 17 voluntarios humanos sans. Esta vacina experimental foi ben tolerada e os que recibiron a vacina con adxuvante tiveron respostas inmunes anti-HCV máis fortes (maior magnitude, amplitude e capacidade proliferativa e células T específicas anti-HCV) comparados con voluntarios que recibiran a vacina que carecía do adxuvante Ii.[9]
A molécula Ii podería tamén ser útil como adxuvante para unha futura vacina da COVID-19, se este efecto potenciador pode demostrarse para aplicar os antíxenos apropiados.[10]
Cancro
editarAtópase en varios tipos de células cancerosas. É unha posible diana na terapia do cancro, por exemplo co fármaco milatuzumab.
Espondiloartrite axial
editarOs autoanticorpos contra o CD74 foron identificados como prometedores biomarcadores na diagnose temperá da enfermidade autoinmune espondiloartrite axial. [11]
Interaccións
editarO receptor CD74 interacciona coa citocina factor inhibidor da migración de macrófagos (MIF) para mediar nalgunhas das súas funcións.[12][13][14][15][16][17]
Funcións de recuperación
editarO receptor CD74 exprésase na superficie de diferentes tipos celulares. A interacción entre a citocina MIF e o seu receptor da membrana celular CD74 activa vías pro-supervivencia e proliferativas que protexen contra lesións e promoven a curación en diferentes partes do corpo.[18]
Historia
editarA cadea invariante foi descrita primeiramente por Patricia P. Jones, Donal B. Murphy, Derek Hewgill e Hugh McDevitt en Stanford.[19] A nomenclatura "Ii" procede dun sistema de denominación baseado en Ix (I por Inmune) que era anterior á acuñación do nome complexo maior de histocompatibilidade (MHC).
Notas
editar- ↑ Claesson L, Larhammar D, Rask L, Peterson PA (decembro de 1983). "cDNA clone for the human invariant gamma chain of class II histocompatibility antigens and its implications for the protein structure". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 80 (24): 7395–7399. Bibcode:1983PNAS...80.7395C. PMC 389957. PMID 6324166. doi:10.1073/pnas.80.24.7395.
- ↑ Kudo J, Chao LY, Narni F, Saunders GF (decembro de 1985). "Structure of the human gene encoding the invariant gamma-chain of class II histocompatibility antigens". Nucleic Acids Research 13 (24): 8827–8841. PMC 318954. PMID 3001652. doi:10.1093/nar/13.24.8827.
- ↑ "UniProtKB - P04233 (HG2A_HUMAN)". The UniProt Knowledgebase. The UniProt Consortium. 2020. Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ Cresswell P (1994). "Assembly, transport, and function of MHC class II molecules". Annual Review of Immunology 12: 259–293. PMID 8011283. doi:10.1146/annurev.iy.12.040194.001355.
- ↑ Farr L, Ghosh S, Moonah S (2020). "Role of MIF Cytokine/CD74 Receptor Pathway in Protecting Against Injury and Promoting Repair". Frontiers in Immunology 11: 1273. PMC 7325688. PMID 32655566. doi:10.3389/fimmu.2020.01273.
- ↑ 6,0 6,1 Owen JA, Punt J, Stranford SA, Jones PP, Kuby J (2013). Kuby immunology (7ª ed.). Nova York: W.H. Freeman. ISBN 978-1-4641-1991-0. OCLC 820117219.
- ↑ Schulze MS, Wucherpfennig KW (febreiro de 2012). "The mechanism of HLA-DM induced peptide exchange in the MHC class II antigen presentation pathway". Current Opinion in Immunology 24 (1): 105–111. PMC 3288754. PMID 22138314. doi:10.1016/j.coi.2011.11.004.
- ↑ Vogt AB, Kropshofer H (abril de 1999). "HLA-DM - an endosomal and lysosomal chaperone for the immune system". Trends in Biochemical Sciences 24 (4): 150–154. PMID 10322421. doi:10.1016/s0968-0004(99)01364-x.
- ↑ Esposito I, Cicconi P, D'Alise AM, Brown A, Esposito M, Swadling L, et al. (xuño de 2020). "MHC class II invariant chain-adjuvanted viral vectored vaccines enhances T cell responses in humans". Science Translational Medicine 12 (548): eaaz7715. PMC 7610808. PMID 32554708. doi:10.1126/scitranslmed.aaz7715.
- ↑ Larkin M (24 de xuño de 2020). "Adjuvanted viral-vectored vaccine promising against hepatitis C in early trial". Reuters Health News. GI Health Foundation. Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ Baerlecken NT, Nothdorft S, Stummvoll GH, Sieper J, Rudwaleit M, Reuter S, et al. (xuño de 2014). "Autoantibodies against CD74 in spondyloarthritis". Annals of the Rheumatic Diseases 73 (6): 1211–1214. PMID 23687263. doi:10.1136/annrheumdis-2012-202208.
- ↑ Ghosh S, Padalia J, Ngobeni R, Abendroth J, Farr L, Shirley DA, et al. (marzo de 2020). "Targeting Parasite-Produced Macrophage Migration Inhibitory Factor as an Antivirulence Strategy With Antibiotic-Antibody Combination to Reduce Tissue Damage". The Journal of Infectious Diseases 221 (7): 1185–1193. PMC 7325720. PMID 31677380. doi:10.1093/infdis/jiz579.
- ↑ Shan ZX, Lin QX, Deng CY, Tan HH, Kuang SJ, Xiao DZ, et al. (decembro de 2009). "[Identification of the interactions between the truncated fragments of macrophage migration inhibitory factor and CD74 using a yeast two-hybrid system]". Nan Fang Yi Ke da Xue Xue Bao = Journal of Southern Medical University (en chinés) 29 (12): 2383–6, 2390. PMID 20034881.
- ↑ Wang F, Shen X, Guo X, Peng Y, Liu Y, Xu S, Yang J (febreiro de 2010). "Spinal macrophage migration inhibitory factor contributes to the pathogenesis of inflammatory hyperalgesia in rats". Pain 148 (2): 275–283. PMID 20005040. doi:10.1016/j.pain.2009.11.011.
- ↑ Dobson SE, Augustijn KD, Brannigan JA, Schnick C, Janse CJ, Dodson EJ, et al. (decembro de 2009). "The crystal structures of macrophage migration inhibitory factor from Plasmodium falciparum and Plasmodium berghei". Protein Science 18 (12): 2578–2591. PMC 2798171. PMID 19827093. doi:10.1002/pro.263.
- ↑ Piette C, Deprez M, Roger T, Noël A, Foidart JM, Munaut C (novembro de 2009). "The dexamethasone-induced inhibition of proliferation, migration, and invasion in glioma cell lines is antagonized by macrophage migration inhibitory factor (MIF) and can be enhanced by specific MIF inhibitors". The Journal of Biological Chemistry 284 (47): 32483–32492. PMC 2781663. PMID 19759012. doi:10.1074/jbc.M109.014589.
- ↑ Verjans E, Noetzel E, Bektas N, Schütz AK, Lue H, Lennartz B, et al. (xullo de 2009). "Dual role of macrophage migration inhibitory factor (MIF) in human breast cancer". BMC Cancer 9: 230. PMC 2716369. PMID 19602265. doi:10.1186/1471-2407-9-230.
- ↑ Farr L, Ghosh S, Moonah S (2020). "Role of MIF Cytokine/CD74 Receptor Pathway in Protecting Against Injury and Promoting Repair". Frontiers in Immunology 11: 1273. PMC 7325688. PMID 32655566. doi:10.3389/fimmu.2020.01273.
- ↑ Jones PP, Murphy DB, Hewgill D, McDevitt HO (xaneiro de 1979). "Detection of a common polypeptide chain in I--A and I--E sub-region immunoprecipitates". Molecular Immunology 16 (1): 51–60. PMID 376435. doi:10.1016/0161-5890(79)90027-0.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Grupo de diferenciación
- Milatuzumab o primeiro Mab que tiña comodiana o CD74
Bibliografía
editar- Stove V, Verhasselt B (xaneiro de 2006). "Modelling thymic HIV-1 Nef effects". Current HIV Research 4 (1): 57–64. PMID 16454711. doi:10.2174/157016206775197583.
- Riberdy JM, Newcomb JR, Surman MJ, Barbosa JA, Cresswell P (decembro de 1992). "HLA-DR molecules from an antigen-processing mutant cell line are associated with invariant chain peptides". Nature 360 (6403): 474–477. Bibcode:1992Natur.360..474R. PMID 1448172. doi:10.1038/360474a0.
- Bakke O, Dobberstein B (novembro de 1990). "MHC class II-associated invariant chain contains a sorting signal for endosomal compartments" (PDF). Cell 63 (4): 707–716. PMID 2121367. doi:10.1016/0092-8674(90)90137-4.
- Marks MS, Blum JS, Cresswell P (setembro de 1990). "Invariant chain trimers are sequestered in the rough endoplasmic reticulum in the absence of association with HLA class II antigens". The Journal of Cell Biology 111 (3): 839–855. PMC 2116304. PMID 2391366. doi:10.1083/jcb.111.3.839.
- Spiro RC, Quaranta V (outubro de 1989). "The invariant chain is a phosphorylated subunit of class II molecules". Journal of Immunology 143 (8): 2589–2594. PMID 2507633. doi:10.4049/jimmunol.143.8.2589.
- O'Sullivan DM, Noonan D, Quaranta V (agosto de 1987). "Four Ia invariant chain forms derive from a single gene by alternate splicing and alternate initiation of transcription/translation". The Journal of Experimental Medicine 166 (2): 444–460. PMC 2189580. PMID 3036998. doi:10.1084/jem.166.2.444.
- Genuardi M, Saunders GF (1988). "Localization of the HLA class II-associated invariant chain gene to human chromosome band 5q32". Immunogenetics 28 (1): 53–56. PMID 3132422. doi:10.1007/BF00372530.
- O'Sullivan DM, Larhammar D, Wilson MC, Peterson PA, Quaranta V (xuño de 1986). "Structure of the human Ia-associated invariant (gamma)-chain gene: identification of 5' sequences shared with major histocompatibility complex class II genes". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 83 (12): 4484–4488. Bibcode:1986PNAS...83.4484O. PMC 323758. PMID 3459184. doi:10.1073/pnas.83.12.4484.
- Koch N, Hämmerling GJ (outubro de 1985). "Ia-associated invariant chain is fatty acylated before addition of sialic acid". Biochemistry 24 (22): 6185–6190. PMID 3866610. doi:10.1021/bi00343a023.
- Claesson L, Peterson PA (xuño de 1983). "Association of human gamma chain with class II transplantation antigens during intracellular transport". Biochemistry 22 (13): 3206–3213. PMID 6576808. doi:10.1021/bi00282a026.
- Strubin M, Mach B, Long EO (abril de 1984). "The complete sequence of the mRNA for the HLA-DR-associated invariant chain reveals a polypeptide with an unusual transmembrane polarity". The EMBO Journal 3 (4): 869–872. PMC 557440. PMID 6586420. doi:10.1002/j.1460-2075.1984.tb01898.x.
- Kvist S, Wiman K, Claesson L, Peterson PA, Dobberstein B (maio de 1982). "Membrane insertion and oligomeric assembly of HLA-DR histocompatibility antigens" (PDF). Cell 29 (1): 61–69. PMID 6955026. doi:10.1016/0092-8674(82)90090-3.
- Machamer CE, Cresswell P (decembro de 1982). "Biosynthesis and glycosylation of the invariant chain associated with HLA-DR antigens". Journal of Immunology 129 (6): 2564–2569. PMID 6982931. doi:10.4049/jimmunol.129.6.2564.
- Ghosh P, Amaya M, Mellins E, Wiley DC (novembro de 1995). "The structure of an intermediate in class II MHC maturation: CLIP bound to HLA-DR3". Nature 378 (6556): 457–462. Bibcode:1995Natur.378..457G. PMID 7477400. doi:10.1038/378457a0.
- Bijlmakers MJ, Benaroch P, Ploegh HL (agosto de 1994). "Mapping functional regions in the lumenal domain of the class II-associated invariant chain". The Journal of Experimental Medicine 180 (2): 623–629. PMC 2191624. PMID 7519244. doi:10.1084/jem.180.2.623.
- Brown JH, Jardetzky TS, Gorga JC, Stern LJ, Urban RG, Strominger JL, Wiley DC (xullo de 1993). "Three-dimensional structure of the human class II histocompatibility antigen HLA-DR1". Nature 364 (6432): 33–39. Bibcode:1993Natur.364...33B. PMID 8316295. doi:10.1038/364033a0.
- Naujokas MF, Morin M, Anderson MS, Peterson M, Miller J (xullo de 1993). "The chondroitin sulfate form of invariant chain can enhance stimulation of T cell responses through interaction with CD44". Cell 74 (2): 257–268. PMID 8343954. doi:10.1016/0092-8674(93)90417-O.
- Roche PA, Teletski CL, Stang E, Bakke O, Long EO (setembro de 1993). "Cell surface HLA-DR-invariant chain complexes are targeted to endosomes by rapid internalization". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 90 (18): 8581–8585. Bibcode:1993PNAS...90.8581R. PMC 47401. PMID 8397411. doi:10.1073/pnas.90.18.8581.
Ligazóns externas
editar- CD74 protein, human Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- Resumo no Davidson College (xerado por estudantes)
- School of Crystallography Arquivado 01 de xuño de 2023 en Wayback Machine. A cadea invariante
- Localización no xenoma humano de CD74 e páxina con detalles sobre o xene CD74 no UCSC Genome Browser.