Abrir o menú principal

Un adxuvante[1] (do latín adiuvare, axudar) é un axente farmacolóxico ou inmunolóxico que modifica o efecto doutros axentes. En inmunoloxía, os adxuvantes inmunolóxicos son compostos químicos orgánicos ou inorgánicos, macromoléculas ou células enteiras de certas bacterias mortas, que potencian a resposta inmunitaria a un antíxeno. Poden incluírse entre os compoñentes dunha vacina para potenciar a resposta inmunitaria do receptor ao antíxeno subministrado, o que minimiza a cantidade de material estraño que debe ser inxectado.[2][3] Os adxuvantes utilízanse tamén na produción de anticorpos en animais inmunizados. Os adxuvantes máis comunmente utilizados son o hidróxido de aluminio e o aceite de parafina.[2][3] Por outra parte, en farmacoloxía, os adxuvantes farmacéuticos son fármacos que teñen poucos ou ningún efecto farmacolóxico por si mesmos, pero poden incrementar a eficacia ou potenciar a outros fármacos administrados ao mesmo tempo.

Adxuvantes inmunolóxicosEditar

Os adxuvantes inmunolóxicos engádense ás vacinas para estimular a resposta do sistema inmunitario ao antíxeno diana, pero por si mesmos non confiren inmunidade. Os adxuvantes poden actuar de varios xeitos á hora de presentar o antíxeno ao sistema inmunitario. Os adxuvantes poden actuar como un depósito do antíxeno, presentándoo durante un longo período de tempo, o que maximiza a resposta inmunitaria antes de que o corpo elimine o antíxeno. Exemplos de adxuvantes de tipo depósito son as emulsións de aceites. Os adxuvantes poden tamén actuar como irritantes que causan que o corpo recrute e amplifique a súa resposta inmune.[4] As vacinas do tétano, difteria, e pertussis, por exemplo, conteñen cantidades mínimas de toxinas producida por cada unha das bacterias diana implicadas, pero tamén conteñen algo de hidróxido de aluminio como adxuvante.[5] Os sales de aluminio son adxuvantes comúns en moitas vacinas desde hai uns 70 anos.[6] O sistema inmunitario do corpo desenvolve unha antitoxina contra as toxinas bacterianas, non contra o aluminio, pero non respondería con forza dabondo sen a axuda do adxuvante aluminio.

Mecanismos de acción dos adxuvantesEditar

Os adxuvantes necesítanse para mellorar as respostas inmunitarias adaptativas aos antíxenos. Esta reacción está mediada por dous tipos principais de linfocitos, as células B e T. Algúns adxuvantes, como o alume, funcionan como sistemas de entrega do produto que crean depósitos que atrapan os antíxenos no sitio de inxección, o que fai que estes se liberen lentamente e realicen unha estimulación continua do sistema inmunitario.[7] Os compostos de alumino son os adxuvantes máis comúns na vacinación humana. Utilízanse en vacinas como as da difteria, tétano, pertussis, papilomavirus humano, e da hepatite.[8]

Os adxuvantes poden potenciar a resposta inmunitaria dos seguintes modos:

Os adxuvantes como axentes estabilizantesEditar

Aínda que os adxuvantes inmunolóxicos víronse tradicionalmente como susbstancias que axudan á resposta inmunitaria ao antíxeno, os adxuvantes tamén evolucionaron como substancias que poden axudar na estabilización de formulacións de antíxenos, especialmente en vacinas administradas a animais.[4]

Tipos de adxuvantesEditar

NotasEditar

  1. Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Dirección Xeral de Política Lingüística - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002. Páxina 18. [1] Arquivado 10 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 "ABC News: Swine Flu Vaccine: What The Heck Is an Adjuvant, Anyway? (2009)". Abcnews.go.com. 2009-08-11. Consultado o 2010-06-14. 
  3. 3,0 3,1 "Definition of immunological adjuvant -- NCI Dictionary of Cancer Terms". www.cancer.gov. Consultado o 2010-08-27. 
  4. 4,0 4,1 "Adjuvants as stabilizing agents". Benchmark Biolabs, Inc. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 2013-05-19. 
  5. "Boostrix Prescribing Information" (pdf). GlaxoSmithKline. 2009. Consultado o 19 de maio de 2013. 
  6. Clapp, Tanya; Siebert, Paul; Chen, Dexiang; Jones Braun, Latoya (2011). "Vaccines with aluminium-containing adjuvants: Optimizing vaccine efficacy and thermal stability". Journal of Pharmaceutical Sciences 100 (2): 388–401. PMID 20740674. doi:10.1002/jps.22284. 
  7. Leroux-Roels G., 2010. Unmet needs in modern vaccinology adjuvants to improve the immune response. Vaccine. 28S(3):C25-3.
  8. Marrack, Philippa; Amy S. McKee; Michael W. Munks (2009). "Towards an understanding of the adjuvant action of aluminium". Nature Reviews Immunology 9 (4): 287–293. ISSN 1474-1733. doi:10.1038/nri2510. 

Véxase taménEditar