Antitoxina

Unha antitoxina é un anticorpo coa capacidade de neutralizar unha toxina específica. As antitoxinas son producidas por certos animais, plantas e bacterias en resposta á exposición a unha toxina. Aínda que son máis efectivas neutralizando toxinas, poden tamén matar bacterias e outros microorganismos. As antitoxinas prodúcense no interior dos organismos e poden ser inxectadas noutros organismos, incluíndo os humanos, para tratar unha doenza infecciosa. Este procedemento implica inxectar un animal cunha cantidade segura dunha determinada toxina. O corpo do animal fabrica despois a antitoxina necesaria para neutralizar a toxina. Posteriormente, extráese sangue do animal e obtense a antitoxina do sangue, e despois purifícase e inxéctase no ser humano ou noutro animal, inducindo nel unha inmunidade pasiva temporal. Para impedir que se orixine a enfermidade do soro, adoita ser mellor usar unha antitoxina obtida da emsma especie (por exemplo, unha antitoxina humana para tratar humanos).

Un vial do ano 1895 da antitoxina diftérica.

Historia das antitoxinasEditar

As antitoxinas contra a difteria e contra a toxina tetánica foron producidas por Emil Adolf von Behring e os seus colegas desde 1890 en adiante. O uso da antitoxina diftérica para o tratamento da difteria foi considerado pola revista The Lancet como "o avance máis importante do Século [XIX] no tratamento médico de enfermidades infecciosas agudas".[1][2]

En 1888, Behring foi enviado a Berlin para facer un breve servizo na Academia de Medicina Militar. En 1889, uniuse ao Instituto da Hixiene da Universidade de Berlin, que entón dirixía Robert Koch. Entre 1889 e 1895, Behring desenvolveu as súas ideas pioneiras sobre a terapia sérica e a súa teoría das antitoxinas.[3]

Antes, en 1887, en Bonn, Behring descubrira que o soro de ratas brancas inmunes ao tétano contiña unha substancia que neutralizaba o bacilo do ántrax. Considerou que era a acausa da “resistencia”.[3]

O 4 de dcembro de 1890, Behring e Kitasato Shibasaburō publicaron o seu primeiro artigo sobre terapia do soro sanguíneo.[3] O 11 de decembro, outro informe, asinado por Behring, fixo unha valoración a terapia do soro sanguíneo non só no tratamento do tétano, senón tamén da difteria.

Cando Paul Ehrlich demostrou en 1891 que incluso os velenos vexetais causaban a formación de antitoxinas nun organismo, a teoría de Behring quedou confirmada.[3]

En 1924 desenvolveuse unha antitoxina contra a escarlatina, simultaneamente por Raymond Dochez e Gladys e George Frederick Dick.[4][5]

NotasEditar

  1. (Report) (1896). "Report of the Lancet special commission on the relative strengths of diphtheria antitoxic antiserums". Lancet 148 (3803): 182–95. PMC 5050965. doi:10.1016/s0140-6736(01)72399-9. 
  2. Dolman, C.E. (1973). "Landmarks and pioneers in the control of diphtheria". Can. J. Public Health 64 (4): 317–36. PMID 4581249. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Emil von Behring Facts, information, pictures | Encyclopedia.com articles about Emil von Behring". www.encyclopedia.com. Consultado o 2016-05-17. 
  4. Cushing, H. B. Results of the Use of Scarlet Fever Antitoxin *. Canadian Medical Association Journal. August, 1926, pg. 936.
  5. Zingher, Abraham . The Dick Test and Active Immunization with Scarlet Fever Streptococcus Toxin *. American Journal of Public Health. November, 1924, pg. 955.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar