Soro inmunolóxico

(Redirección desde «Antisoro»)

Un soro inmunolóxico ou antisoro é un soro sanguíneo que contén anticorpos policlonais, que se utiliza para a inmunidade pasiva de moitas enfermidades.

A transfusión de anticorpos a partir dun supervivente humano anterior é o único tratamento eficaz coñecido, por exemplo, para a infección por Ébola (aínda que, de momento, cunha taxa de pouco éxito).[1]

Os usos máis comúns dun antisoro no ser humano son como antitoxina, usado principalmente contra o tétano, e o soro antiofídico para tratar os envelenamentos.

Como traballa

editar

Os anticorpos no soro únense ao axente infeccioso ou antíxeno. O sistema inmunitario recoñece os axentes estraños vinculados aos anticorpos e desencadean unha resposta inmune máis forte.

O uso de soros inmunolóxicos é particularmente efectivo contra os axentes patóxenos que son capaces de evadir o sistema inmune no estado non estimulado, pero que non son o suficientemente robustos como para evadir o sistema inmune estimulado. A existencia de anticorpos contra o axente, polo tanto, depende dun primeiro "sobrevivente ao azar" cuxo sistema inmunitario por casualidade descubriu un axente contra o patóxeno, ou unha "especie hospedeira", que é portadora do virus, pero non sofre os seus efectos. Os seguintes lotes de antisoros poden producirse a partir dos doadores iniciais ou dun organismo doador ao que se inoculou co patóxeno e foi curado co antisoro preexistente.

  1. Mupapa, K.; Massamba, M.; Kibadi, K; Kuvula, K.; Bwaka, A.; Kipasa M.; Colebunders, R. e Muyembe-Tamfum J. J. (1999): "Treatment of Ebola Hemorrhagic Fever with Blood Transfusions from Convalescent Patients". The Journal of Infectious Diseases 179 (suppl 1):S 18-23.